FIN DE SEMANA

0
105

Grupo de palanadores e palanadoras
3ª XORNADA
CONFERENCIA NOROESTE

PARTICIPACIÓN
40

34 HOMES
6 MULLERES

Novembro, 2007, A Zapateira, A Coruña. Creación da Conferencia Noroeste, 1ª xornada.
“Ás catro foi a hora marcada, apelotonados fronte á porta da Zapeira un exercito de palanadores e palanadoras recibían o tremendo bautismo da chuvia liberadora , fertilidade e longa vida á Conferencia NorOeste que iste domingo 18 botou a andar con 5 franquicias ensinado os dentes :Electrónic@s , Filloas de Sangue [na foto], Centolos Rabudos, Xa que 60 e Os Xarutos formarán o gran pelotón da ilusión que desafíe os centos de anos de represión deportiva na cidade da Coruña”. (ovaral.blogspot.com, 2007, 18 novembro).

       Van aló 10 anos de activismo billardeiro na Conferencia Noroeste. Moitas persoas contribuiron a que esta aventura chamada LNB se consolidara na Provincia da Coruña. Mais, queremos lembrar a aqueles pioneiros que en novembro do 2007 puxeron os alicerces da Conferencia. Vemos a foto de arriba na que aparecen algúns e algunhas destes iniciadores. Sak foi quen trouxo o proxecto, iniciado na Mariña Lucense, ata a cidade herculina. O asesoramento de David Díaz, integrante naquel momento da ACD O Varal, foi fundamental. Lois Fontán é o único que segue participando e colaborando na LNB Conferencia Noroeste. O obxectivo de recuperar a práctica da billarda na provincia coruñesa está cumprido. 
      No comezo, o epicentro da actividade estaba na Coruña, pero desde hai uns anos o centro sitúase na Comarca de Bergantiños e Ordes, nas que hai un maior número de practicantes. Ademais, están conseguindo que nenos e nenas menores de 14 anos estean xogando, cousa que nos anteriores anos non se lograra. Entón, parabéns compañeir@s!, e grazas por situar á billarda no século XXI coa vosa dedicación e compromiso.




3ª XORNADA 

CONFERENCIA NORLESTE


PARTICIPACIÓN

44

36 HOMES

8 MULLERES



Paula (Chaínzos-Cadaval)

     
   A herba de Bretoña non alimentou do mesmo xeito a tod@s. Vexetarian@s dixeriron ben o verde alimento e carnívor@s non tiveron unha dixestión tan boa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome