Fin de ano coa LNB

0
151

       Mañá sábado, a LNB participa na homenaxe que a Asociación M de Meira lle vai facer a Xosé da Flor. Será coa organización dun TAB (Torneo Aberto de Billarda). Para todas e todos os que queirades acudir será ás 16h en Meira, na praza do convento. 
       A Asociación Cultural M de Meira contribuíu a acercar a LNB ata a comarca. Foi no ano 2010 cando se organizou por vez primeira unha xornada da Conferencia Norleste neste concello. Xosé da Flor foi unha das persoas que colaborou para que se soubera que a billarda seguía practicándose en Galicia. Grazas, amigo!

       Para despedir o ano os compañeiros da Conferencia Noroeste organizan un TAB en Paiosaco. Será o domingo 31 ás 11h. Continuando coa estratexia de promoción deste deporte marabilloso, a Asociación Cultural e Deportiva A Billarda de Toxo, que inclúe a todos os equipos Noroeste, organiza este Torneo para darlle visibilidade a unha actividade que precisa practicantes. Ao tempo, queren aproveitar que os medios de comunicación da Coruña están interesados en informar sobre a LNB para xogar no último día do ano. Día que escollen moitos outros deportes para ter un impacto maior. 
       Convidan a xogadores e xogadoras doutras Conferencia a que acudan ata Paiosaco, centro neurálxico da Billarda na provincia, e ademais de xogar poderán contemplar os planos do proxecto de Centro de Tecnificación Deportiva da Billarda que teñen pensado construír. A semana pasada, un grupo de técnicos da Conferencia Noroeste desprazáronse ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para asesorarse e recoller información que lles sirva para levantar a súa obra faraónica. Por se isto non fora pouco, tamén ofrecerán mesa e mantel a todo participante que o domingo 31 xogue no campo da feira de Paiosaco. 
       Recomendan levar chandal de escamas, pois chova ou non chova xogarase baixo o ceo. (Se alguén non ten prenda tan necesaria, haberá exemplares deste novo modelo deportivo confeccionado por unha empresa textil da zona). Abaixo aparecen dous dos modelos que estarán a disposición de calquera persoa que queira xogar sen a incomodidade da auga.
Modelo Juan Carlos, protección total

Modelo Collazo, protección parcial que permite a transpiración

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome