FESTIVAL INTERNACIONAL DE PANDOLO

0
153
Verona-Italia

Romanía

Galicia

       Nas fotos de arriba vemos tres modalidades do xogo da billarda que acudirán a Piran (Slovenije) a vindeira fin de semana para competir e compartir un xeito marabilloso de utilizar o tempo e o corpo. A LNB terá que competir no Torneo Internacional e participar no Festival Pandolo na Mediteranu. Dous son os obxectivos da expedición LNB que viaxará ata o país Eslavo. O primeiro é dar a coñecer o xeito particular de xogar á billarda que temos en Galicia. Para isto, a organización ofrece 45 minutos á delegación galega para expoñer de maneira teórica e práctica como se xoga na LNB.  O segundo obxectivo é competir no torneo internacional de Pandolo (modalidade de billarda que se xoga en Slovenije) para traer o título europeo ata Galicia. 
       
       Despois de analizar a información que nos foron enviando os nosos compañeiros e compañeiras da Federación Eslovena de Pandolo, podemos afirmar que as persoas actúan como humanidade cando as condicións de vida son as adecuadas para convivir en paz e armonía, sexa cal sexa o seu país de orixe e residencia. Senón acreditades nisto, mirade as fotos de abaixo.
Actas da Federación Eslovena de Pandolo
       
Actas da Federación Eslovena de Pandolo
       Comparade estas actas coas que se utilizan na LNB. Abaixo aparecen fotos de xornadas de Liga de Pandolo organizadas pola Federación Eslovena de Pandolo. Tamén, vemos deseños de camisetas dos equipos e carteis anunciando as xornadas. Hai imaxes dos momentos previos a iniciar o xogo, cos equipos en formación, imaxes de equipos cos seus trofeos, ao finalizar a xornada, equipos comendo no descanso dos encontros. Aparecen tamén, trofeos artesanais que se entregan aos ganadores e ganadoras. Ademais da liga, a Federación Eslovena realiza actividades de divulgación do Pandolo nos centros educativos. En definitiva, todas estas imaxes ben poderían ser de lugares e persoas de Galicia. A estrutura organizativa da LNB é comparable a de Slovenije. Aínda sen ter unha Federación que dea acubillo á billarda, a LNB conseguiu que no século XXI haxa nenos e nenas, adolescentes, adultos e persoas de idade avanzada que practiquen dun xeito regular este marabilloso xogo deportivo.
Cartel

Deseños de camisetas para equipo de Pandolo

Cartel

Cartel

Comida no descanso e ao final da xornada

Equipos en formación antes de comezar a xornada de liga

Xogadora de Pandolo golpeando para dar o saque inicial

Equipo de Pandolo cos seus trofeos

Medallas en madeira

Trofeos artesanais en madeira

Pandolo nun centro educativo esloveno

       Os xornais publican sobre o Pandolo. A LNB considera estratéxico o sector das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e desde hai dúas temporadas utiliza moita enerxía en que os medios escritos e audiovisuais do noso país se fagan eco do xogo da Billarda. A utilización do facebook, whatsApp, blogs, instagram, etc., está facendo visible esta práctica deportiva milenaria.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome