EQUIPOS CLASIFICADOS PARA O PLAY OFF LNB 2017

0
146

       Quen cubrira xa a QUINILLARDA que a vaia poñendo nun altar e lle rece, pois hai novidades de última hora que poden modificar sustancialmente o favoritismo dalgún equipo. A día de hoxe sabemos que Corredoiras ten 2 baixas do equipo titular para o domingo. Sabemos que Carabullo está movendo pezas na Federación de Tenis para dispoñer de todos os titulares. Os outros dous grandes favoritos Billardeiros Musicais e Gharaboto son os que dispoñen do equipo titular para o domingo. Todo isto, polo momento, pois sabemos que estes dous equipos teñen a bastantes dos seus titulares entrados en anos e calquera caída, infección, indixestión ou desgusto pode provocar lesións indesexadas e imprevistas. Daquela, hai que seguir a actualidade dos equipos toda esta semana.
       Os demais equipos pensamos que están moi por debaixo dos catro grandes. Nas categorías individuais pode haber algunha sorpresa, e xa a houbo o ano pasado. Non obstante, na Categoría de Equipos é moi complicado que algún equipo, fóra destes catro, poida sorprender e levarse o título, xa que terían que ter actuación excepcionais os xogadores número 4, número 5 e número 6, e o nivel destes xogadores nos demais equipos está moi por debaixo do nivel que teñen ese cuarto, quinto e sexto xogador/a nos catro grandes equipos da LNB.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome