ECOS DAS XORNADAS LNB Rías Baixas e Noroeste. A sede da Federación Galega de Billarda en Bergantiños atacada.

0
250

 

RÍAS BAIXAS LNB

O sábado en Bueu viviuse un ambiente extraordinario de billarda. Como se botaba en falta compartir espazos e afición billardeira. Non obstante, a competición veuse empañada por outro acto antideportivo da beira do equipo local. Corredoiras non tivo a súa mellor xornada e para evitar que GHA ameazase o seu primeiro posto na xeral usou certas mañas … vaia, non é necesario seguir usando letras se temos os documentos gráficos que nos enviou o equipo de Marín e actual campión LNB. Quéixanse do trato recibido, ainda así, entenden e perdoan tales ofensas e intimidacións, pois saben que “é normal que se sinta ameazado o equipo de Bueu, xa que, … en fin, que se preparen para o sábado que vén na xornada de Marín”, afirmaba Luís Camiña.

 

Así están as clasificacións nas súas zonas quentes, mornas e frías.

 

 

 

 

NOROESTE LNB

Chegounos a información da Delegación de BIGAL en Bergantiños.

 

A competición está rifada en todas as zonas. Cada xornada das que faltan será decisiva. Golpe a golpe, metro a metro.

 

 

É tal a rivalidade entre os dous equipos da Laracha que calquera cousa paranormal está permitida. Añón usou técnicas antropolóxicas que proveñen dun ritual chamánico e influencias do budú tahitiano.

 

Finalmente, podemos confirmar o ataque-sabotaxe sufrido na sede Bergantiñá da Federación Galega de Billarda. Aínda non ben acababa de ser inaugurada polo presidente interino da Federación Julio Vilas, e xente antisistema coa axuda de faccións neonacionalistas e postanarquistas e en colaboración co movemento AS (Anacorestas das Somozas) espetou varias pintadas ameazantes nas paredes e muros da sede.

A primeira decisión do presidente da Federación xa está tomada, poñer vixilancia á porta da sede. A nosa delegación seguirá informándonos destes actos. Tánator quere seguir no anonimato do seu alcume, xa que, o perigo subxacente é evidente e real.

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome