DÍAS RAROS ” … e sae un pau voando contra as noites de medo”

0
251
Hai días que collo forza e baixo á rúa a ver morrer a cidade,
e ás veces vexo soños nunha saia.
Hai días que me afundo e logo caio no pozo onde se afunden as verdades,
e alí uns tipos xogan á billarda,
e collo un pau e doulle un duro golpe a toda a merda destes días raros,
e sae un pau voando contra as noites de medo, sempre gaño, sempre gaño,
e medirei canta será a distancia dende min ata a última fronteira,
e as lúas queren que nesta billarda gañe a vida enteira, a vida enteira.
Cantos luns espertei en branco e negro como un actor vello
pasado de moda, coma un soño esquecido na almofada,
e todas as pantasmas que alimento
fuxiron cando soñei como xogan os deuses e os demos á billarda

 

(Miguel Alonso, Días raros.  República billarda. Disco billarda. 2011. Varal Records)

 

Como se dunha profecía cumprida se tratase, a letra de Miguel Alonso falaba ás claras deses días raros nos que hai que saír da casa, despois de moito tempo e de emocións intensas, e xogar á billarda. Pois ben, xa saímos da casa e comezan a voar os paus.

Cada Conferencia afronta a situación de distintas maneiras para finalizar a temporada interrompida pola pandemia e a situación de alarma. Así, a Conferencia Mai está a piques de decidir dar por finalizada a temporada coas clasificacións que resultaron despois de xogar a xornada 10. Falta por oficializar o acordo, mais, sabemos de boas fontes que a maioría inclínase por non xogar máis xornadas.

A Conferencia Noroeste decidiu continuar a competición e finalizar as 5 xornadas que faltan nos meses de xuño e xullo, e desta maneira deixar agosto para o lecer e descanso. De momento, temos o cartel da xornada que se disputará o vindeiro domingo 21 de xuño na Laracha (Lendo). O calendario oficial está por facer, xa que, deben confirmar varias localizacións para xogar.

 

A Conferencia Rías Baixas xa estableceu o calendario oficial. As seis xornadas que faltan rematarán o último domingo de agosto.

 

En canto á FinaLNB 2020, polo de agora, hai unha proposta para organizala a principios de setembro. A data deberá ser acordada polas 3 conferencias, entón, haberá que esperar a que se debata primeiro internamente en cada conferencia, para despois chegar a unha decisión de consenso.

Durante a semana iremos informando sobre a previa da xornada de Lendo. Temos información reservada sobre certos movementos na Conferencia NOR que van dar  que falar e moito que calar. Vaia, a misteriosa metamorfose de Collazo, as operacións inmobiliarias ocultas de Vilas , a conversión de Landras ao Taoísmo, o voto de silencio de EGASA, a nova desaparición de Berdillo e Viqueira, a nova máscara de APB etc.

Quen é esta persoa?                              Resposta A: Julio Vilas                          Resposta B: Xosé Collazo

 

 

PROTECCIÓN FACIAL INTEGRAL

(calquera medida de protección non está de máis)

Burcasco APB

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome