DAVID NAVALLO, O MAGO DE CASTROPOL

0
378
     Se Magic Alonso foi quen de sementar no Principado de Asturias e no resto do estado a paixón polo motor e os coches, David Navallo, “O mago de Castropol”, é o elixido para facer do Liriu o deporte nacional de Asturies, como xa o é a Billarda en Galicia. Un día David atravesou o Eo perseguindo unha estrela… de ollos como soles e fermoso sorriso. Desde aquel momento, a súa imaxe forma parte das paredes dos locais nocturnos de ocio do concello pola súa contribución á economía destes negocios. O seu consumo de bebidas dixestivas mantén abertos moitos destes establecementos. Daquela, foi declarado fillo adoptivo da Pontenova nunha ceremonia dirixida por Sachas e na cal xurou fidelidade eterna ao elixir de cereal e lúpudo fermentado. Despois disto, iniciou a súa traxectoria deportiva no fútbol, Sporting Pontenova. Semella que non dou coas botas axeitadas ou a hidratación previa aos partidos non era a recomendada, o certo e que os centros que intentaba poñer ao segundo pau alcanzaban a Praza dos Fornos. Entón, Sachas, con moi bo criterio, recomendoulle probar noutro deporte menos agresivo coa economía do Sporting Pontenova (ese ano perderon 23 balóns). 
       Aquí comeza a curta historia, e aínda en crecemento, do Mago de Castropol no mundo da Billarda. Coñece a LNB en 2016 e nese instante xurde o amor. O palán de Cupido lanzoulle unha billarda directa ao corazón. Esta brillante e breve historia está medrando e a intensidade coa que resplandecerá o Mago Navallo, só dependerá do poder dos seus trucos e astucias.
        Despois dos seus excelentes resultados dos últimos meses, 2º no Aberto das Estrelas e 2º na xornada de Pol, o seleccionador LNB, Flores, púxose en contacto con Troitas para saber se Navallo é seleccionable ou non, xa que, na última Copa Cantábrica xogou coa bandeira da Cruz da vitoria amarela sobre fondo azul.  Regueiro expresoulle as dificultades que está tendo o equipo coa tramitación da dobre nacionalidade. “Galego-asturianu, así es como me sinto”, afirma Navallo baixo a atenta mirada de Sandra. En definitiva, el mesmo explicounos esta situación e outras curiosidades da súa chegada a LNB.

 

 

Nome e apelidos: David Navallo García
Lugar e data de nacemento: Castropol 1980-04-19
Lugar de residencia: San Juan, Castropol
Ano de debut: 2016
Equipo actual: Troitas Bravas (A Pontenova)

 

 

-Cando e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
Coincidió con el Abierto del Ferro, A Pontenova, en la temporada 2016-2017. Fue Sachas que me dijo que probara a jugar.. y ahora, aquí estoy.
-Cales cres que son as túas principais virtudes como xogador de billarda?
Nunca tiro la toalla, me gusta luchar hasta el final.
Que aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos deberías mellorar para ser un firme candidato ao título de Conferencia?

La presión es una de mis debilidades, que tengo que mejorar.
-Ordena estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA, AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.
Me gusta todo menos pabellón, quiero sentirme libre cuando juego.
Esta é a túa terceira temporada na LNB, consideras que aínda tes marxe de mellora no teu xogo?
Pues, no lo sé, no conozco hasta donde puedo llegar.
Cales son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como colectivos?
Colectivo, clasificar al equipo para la final en Santiago. Individual, estar entre los 15 primeros. Con eso me conformo.
Se tiveses que apostar, por quen apostarías como campións da vosa Conferencia en Individual Absoluta, en Feminina, en Equipos e en Varados?
Individual Regueiro y Sachas, pero va a ser difícil… creo que estará entre Daniel, Manu y Chousa. Geni y Paula. Y por equipos Carabullo, pues es el equipo más fuerte este año.
-Que farías para que máis xente xogase á billarda en Asturies?
Buena pregunta… darla a conocer tanto en colegios, institutos… Hacer charlas en los ayuntamientos, etc.
-Troitas Bravas é un equipo dos históricos da LNB Norleste. Esta é a oitava temporada do equipo e só se clasificara na temporada 2015-2016 para a Final Nacional de Equipos. Este
ano parece que o conseguirá por segunda vez. Cales son as claves do magnífico rendemento deste ano do teu equipo?
Somos un equipo único, no hay ningún equipo igual a Troitas, tenemos lo más importante… amistad y muy buen rollo y eso hace de Troitas un equipo muy fuerte y competitivo.
-Circula unha lenda sobre ti e queremos que nos confirmes, aclares ou desmintas a certeza da mesma. Seica tiveches unha adolescencia e primeira xuventude de tren a piques de descarrilar ata que apareceu na túa estación, Sandra. Que nos podes contar sobre este
particular?

Jajaja… Lo es todo para mi. Es mi talón de Aquiles.
Sabemos que foi Sachas quen descubriu o teu talento para a billarda cando te veu poñer un saque de banda ao segundo pau cunha tremenda facilidade. Como foron as negociacións para que abandonaras o Sporting Pontenova e ficharas por Troitas Bravas?
Jajaja… Sachas para min es como un herrmano… No creo que haga falta decir más.
-Tamén
chegou aos nos oídos que para xogar no Aberto das Estrelas da
Pontenova tomaches unha substancia experimental chamada Castropolina,
que se extrae da cortiza duns carballos milenarios que só se dan en
Castropol e que teñen propiedades milagrosas. Tomaches Castropolina
para xogar en Pol? Ten efectos secundarios?

   Jajaja…
No. Sólo que por mis venas corre sangre del gran Pelayo y eso es lo
que me hace ser fuerte y preciso…. Jajaja…
Que
opinas sobre a polémica que hai en Troitas entre Regueiro e Sachas
para ser o número 1 do equipo. Ti a quen consideras o líder do
equipo?

   Jajaja…
El único líder que hay en Troitas es el equipo y todo el buen rollo
que tenemos, ese es el líder de Troitas. Aunque, si tengo que elegir
un líder creo que para mi sería Noé.
Pensas
que xa estás preparado para loitar pola Coroza Nacional o 26 de maio
en Compostela?

   Nunca
se sabe, non sei o que podo chegar a facer, agora mesmo estou nun
momento bo.Nunca se sabe. No sé lo que puedo llegar a hacer. Ahora
mismo estoy en un momento bueno.
-Finalmente,
a pregunta incómoda: como xustificas a túa elección de non xogar
coa selección LNB na Copa Cantábrica 2018 e facelo coa selección
asturiana?

   “Telita”…
creo que nunca jugaré con la selección galega, no por nada, es que
Hevia me cae muy bien… Jajaja… Bueno, formalidad! Yo creo que
como asturianu que soy mi obligación es jugar con la selección
asturiana y ganar otra Copa Cantábrica, y uno de mis objetivos es
ganarla otra vez.
   Pues,
muchas gracias por esta entrevista. Me siento muy orgulloso de poder
practicar este deporte con muy buena gente que sois… e como se
diría… Billarda sempre ! Gracias.

 

 




Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome