DATOS DE PARTICIPACIÓN LNB despois da xornada de Vigo

0
404

Despois da xornada de Vigo da LNB RÍAS BAIXAS temos os datos de participación e o reparto de prazas para a FinaLNB 2020. Estas cifras están suxeitas a modificacións segundo vaian variando as porcentaxes de participación nas vindeiras xornadas.

 

 

As cifras son magníficas e se comparamos con anos anteriores podemos tirar varias conclusións, todas elas estupendas. Primeiro, vemos que aumenta BRUTALMENTE a participación na Conferencia Mai da LNB. Ten a participación media máis alta da súa historia con 70 persoas de media nas 5 primeiras xornadas, fantástico. O mesmo lle sucede á Conferencia NOR que ten unha media de 41 persoas nas 6 primeiras xornadas e marca a mellor media histórica. A Conferencia Rías Baixas continúa coa media máis alta das 3 conferencias, pero freou o seu crecemento e semella estabilizada nunha media lixeriamente por enriba dos 70 participantes, lonxe da media da temporada 2016-2017 por enriba dos 80.

 

Estes datos hai que pasalos pola peneira para poder establecer as prazas de finalistas que lle corresponderían a cada Conferencia. Así, en moitas das xornadas participan xogadoras e xogadores que están adscritos a unha conferencia diferente da que organiza a xornada, polo tanto, para facer as porcentaxes de participación non podemos telos en conta á hora de facer as medias de participación. Quen máis modifica a súa media por participación de xogador@s doutras conferencias son as Conferencias do Norte. Quen menos recibe participantes doutras conferencias é a Conferencia Rías Baixas. Estes serían os datos históricos considerando esta variable.

 

Así están as prazas de finalistas a día de hoxe.

O total de prazas de finalista feminina está en 17, pois a outra praza ata completar 18 correspóndelle á Campioa Actual, Geni.

As prazas de finalista Absoluto son 46, pois 1 correspóndelle ao Coroceiro Actual, Daniel, e a outra praza ata completar 48 será adxudicada a quen gane o Aberto das Estrelas 2020 que se disputará en marzo en Carballo.

 

Aquí vos queda o audiovisual da xornada de Vigo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome