CRÓNICÓN 14 XOR LNB RÍAS 15 XOR LNB NOROESTE

0
101
     Ricardo Lois non tivo rival sobre o asfalto do muelle da Arnosa. Tivo moito que ver neste gran rendemento a equipación de Laxe de Rons, xa que foi pensada para o verán. Está elaborada con tecidos naturais extraídos do toxo e tratada cunha substancia da cuncha do mexillón. A prenda foi deseñada para soportar temperaturas por enriba dos 25 graos, cousa que sucedeu o sábado en Vilalonga. Deste xeito, as células musculares de Ricardo desenvolvenron todo o seu potencial metabólico, mentres a deshidratación afectaba ás demais competidoras e competidores. Ademais, a cor azul ceo actúa a xeito de espello que proxecta os raios do sol sobre os ollos dos rivais. Paco Vidal con 20 ptos tamén aproveitou a camiseta de maneira brillante. 
       En definitiva, o que puido ser unha xornada magnífica para o equipo do Grove quedouse nunha enorme actuación de Ricardo e de Paco. Agora, estase investigando porque a zamarra azul non actuou de igual xeito no resto dos integrantes do equipo. Chichí 4ptos, Martín 7ptos, Gerardo 9ptos e Lita 9ptos. Polo momento, o que se sabe é que a indumentaria azul de Ricardo e de Paco non foi lavada desde que a estrearon, hai 3 anos. Será que a prenda tratada con deterxente perde os seus poderes?
       Salientar a actuación fantástica do Equipo Feminas de GHARABOTO que consegue, por vez primeira desde que se creou esta categoría, desbancar do liderado a VALPAÇOS TERRA QUENTE. Despois de 31 xornadas ininterrumpidas como líderes (desde setembro 2017), o equipo de Vigo cedeu ante o empuxe do enorme equipo que confeccionou esta temporada GHA. A regularidade de Elena e Marga, xunto coas grandes actuacións de Inés e de Mónica, foron clave para conseguir a vitoria na xornada. Ademais, VAL tivo a baixa de Carmen Pazos e Tania xogou co brazo esquerdo, pois tiña unha escaiola no dereito, cousa que limitou moito a súa actuación. Agora, o equipo da Terra Quente está 3 ptos por debaixo do de Marín.
     

ADRIANA

AINHOA

ALEXIS

ANTÍA

BEGO

BELMIRA

CASILDA

CHE “O COROCEIRO”

CHELI

DANIEL

GERARDO
JUANCHI

LUÍS GON

LITA

LU

MARÍA CARIDE

MANOLO FARIÑA

MACHI
MANU

MARGA PUENTE

MARISA
MÓNICA MOREIRA

ÓSCAR CALDAS

PAPI

RICARDO LOIS

ROSANA

SALVA

15 xornada
NOROESTE

       Collazo recupera o golpe demoledor que perdera na Pontenova. Cun varado meteórico liquidou a final. A pesar de non estar brillante na fase de grupos soubo acertar nos momentos clave. Así, se consegue isto mesmo na Final Nacional podería traer a Coroza para o Noroeste. O que precisa o de Gabenlle é acertar nos momentos decisivos, pois ten sobrado potencial para ser Campión LNB. 
      APB dá un paso case definitivo para conquistar a segunda praza que dá billete para a Final LNB de Equipos. MAC sufriu o síndrome Cochika, que se caracteriza por ausencia de apetito, ausencia de ganas de vivir e ausencia de enerxía… en fin, ausencia de xogadores. Pensaron que coa participación de Lito e Carmela chegaríalles para enfrontar ao sexteto de APB… e non lles chegou. Filloas presentou o seu trío de tenores, que estivo bastante afinado e… incluso Andrade subiu ao podio. 
       Enrique está feito un chaval e non só pola súa figura garrida e atlética, se non polos seus golpes precisos e firmes. O de Campo da Feira foi segundo, e unha vez que encontrou o camiño do podio promete non esquecelo.  
    Por outra beira, non podemos publicar aínda os documentos audiovisuais da xornada, pois de novo o VER tivo que intervir en varias xogadas e mentres o comité técnico da LNB non remata de revisar estas xogadas non dá permiso para emitir o dito vídeo. Desta vez son dúas as xogadas sobre as que planean as sospeitas, unha billarda parada polo cordel da liña de varal (ou unha sabotaxe en palabras de Edu) e o varado de Collazo na final (neste caso Malpica-Cochikeiros presentou reclamación contra o de Campo da Feira por levar un calzado prohibido na LNB, “chiruca ou bota de cazador”). “Se ata os zapatos de Ladito foron permitidos e iso que cegaban. Ademais, estas son botas de sendeirismo e non de cazador e quen diga o contrario minte. En fin, ganas de buscar excusas. Dos Cochikeiros que se pode esperar?”estas foron as verbas de Collazo ao enterarse na reclamación. Cando o comité libere este material audiovisual será publicado. 

     Agora, as clasificacións quedan deste xeito nos lugares de honor que darán dereito á Final Nacional de Compostela do 26 de maio. 

EDU

CRUZ

MERCHE

COLLAZO

MIGUEL
ENRIQUE

FELIX

LITO PENA

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome