CRÓNICAS XORNADAS do SÁBADO 12 XANEIRO NOL-RÍAS

1
102
     Daniel
Rodríguez Saavedra moveu con mestría a batuta do seu palán sobre a
verde partitura de Castro Ribeiras de Lea. 
Con
movementos harmoniosos, suaves e deslumbrantes, o de Ribadeo arrancou
a melodía perfecta da súa billarda. Daniel deixou o pleno de 25
ptos no marcador Muriego e no aire unha sensación olorosa que
anunciaba o regreso de Axterix coa súa forza descomunal. Tal foi a
potencia do seu xogo que o billardeiro musical abandonou as ribeiras
do Lea como líder da xeral.

       Por outra
beira, o equipo máis norteño da Mariña, TROITAS BRAVAS, acadou a
primeira vitoria en xornada de liga, e con isto entrou, xa para
sempre, no Alboio da Fama da LNB, AL.FA. Todas as fontes consultadas afirman que a incorporación de Sachas como director deportivo da franquicia troiteira marcou un antes e un despois. O bravo riotortino transformou completamente a un equipo destinado á mediocridade. A súa política de fichaxes e o cambio no sistema de adestramentos nocturnos fortaleceu de tal xeito a franquicia que incluso aspira ao título de Conferencia. 

       

     O campo de Castro é un dos máis esixentes da competición, debido a que a herba córtase mediante un sofisticado procedemento ovino. Un rabaño de ovellas que o equipo chaínzo ten en adopción encárgase de deixar a herba apta para a práctica da billarda, mais o corte do dentame das ovellas non é recto, senón en forma de serra, polo que, a irregular altura da herba convértese nunha trampa difícil de evitar para palanadoras e palanadores. Este é o motivo polo cal só houbo 5 xogadores que se achegaron á vintena de ptos. Ademais do pleno que fixo Daniel, Regueiro (23), Pepe Outeiro (22), Noé (20) e Santi (20) foron quen de estar nestes números sobresaíntes. 

Agora as
clasificacións quedan como segue:

   

    En definitiva, Daniel bebeu a apócema sagrada que baixa polo Eo e agora a ver quen o detén na súa intención de conseguir por terceira vez o Título de Conferencia e igualar a Markytos e Charly como xogadores con máis títulos. Na Categoría Feminina, Paula mantenlle o pulso á octocampioa Geni. En Equipos, Carabullo, co seu cuarteto estelar, non permite que ninguén se lle acerque a desafinar os seus paláns, cousa que Billardeiros trata de conseguir. Troitas será quen de continuar a progresión meteórica cos métodos revolucionarios de adestramento nocturno de Sachas? Chaínzos non descartou aínda entrar nas prazas de finalista LNB 2019. Remourelle aguanta o empuxe de Billarda Verde e con ausencias importantes mantén o quinto posto. Billarda Verde sae reforzado nas xornadas que se disputan nas Comarcas de Lugo e da Terra Chá e non descartou totalmente alcanzar ao equipo Búfalo. Polka sube grazas ao ritmo de baile do seu trío fantástico, Sara, Manu e Lola Eiras. Lola foi quen de ganar na categoría feminina por diante das tres grandes da categoría Geni, Paula e Sara, a súa compañeira de equipo. 







ISMAEL

LOLA EIRAS

REGUEIRO

PAULA

GENI
MANU CALDEIRO

MARKYTOS

ALBINO 







CONFERENCIA RÍAS BAIXAS


  
      O marco incomparable da praia de Cesantes coa Illa de San Simón e a Ponte de Rande como compañeiras, acolleu a décima xornada da Conferencia Rías Baixas. Terreo dunar con zonas de herba e zonas de area que fixo as delicias de multitude de espectadores que percorrían o paseo de madeira que bordea a praia. Certo que a dificultade para golpear as billardas era máxima e isto fixo que as últimas carreiras houbera que facelas coa luz do solpor, cousa marabillosa, mírese por onde se mire. A vitoria foi para o líder da Conferencia, Juanma Camiña, seguido de Lito e Xan. En Categoría Feminina ganou Bego, seguida de Chefa e Elena Sabarís.  En equipos, volveu ganar Corredoiras por diante de Lúa de Forza e de Gharaboto. En equipos Femininos vitoria de Corredoiras, seguido de Valpaços e Armadiña. 

  

        
      Entre as máximas puntuacións da xornada salientar a presenza de Santiago, o de Valpaços sempre ten boas actuacións cando percibe cerca a súa cidade de residencia (Vigo), e de Chefa. Polo demais, Fari, Xan, Lito e Juanma protagonizaron a final. Daniel, Manu, Cho estiveron sobresaíntes alcanzando a vintena de ptos.  Luís Camiña, Bego e Chicho tiveron unha notable xornada. A alegre nova do regreso de Chefa aos terreos de xogo despois da súa operación de xeonllo, tamén coincidiu coa destacada puntuación de Corredoiras Féminas. Ganou a xornada e ademais meteulle 19 ptos de diferenza a Valpaços Terra Quente. O equipo de Bueu agora non descarta nada, incluso optar ao título nesta categoría feminina.
     Na Categoría Individual Feminina continúa acercándose Bego a Adriana. Así, nesta xornada a xogadora de Bueu restoulle 3 ptos á de Vigo. Elena Sabarís e Marisa pasaron a primeira fase de grupos. As demais non acadaron os dobres díxitos.
      Na Categoría de Equipos, Corredoiras superou en 6 ptos ao seu perseguidor Lúa de Forza. Gharaboto quedou bastante lonxe do equipo de Bueu, a 21 ptos. Armadiña superou a Rinoceronte e quedou a só 3 ptos do poderoso Gharaboto. Rinoceronte, Valpaços e Laxe de Rons quedaron moi parellos, apenas 9 ptos entre os tres equipos.
     Na Categoría Infantil o Xián de Rexenxo foi o ganador, por diante de Óscar Caldas e Hugo.

        As clasificacións vanse definindo. A falta de 8 xornadas podemos dicir que o corte polo título está feito e serán Juanma, Xan e Ricar que loiten por el, xa que Piru foi perdendo ptos nas últimas xornadas e xa queda moi lonxe, a 49 ptos do líder, Juanma. Estes tres palanadores teñen unha media de máis de 20 ptos por xornada. No G-10 aparecen representados 4 equipos con dous xogadores cada un, Lúa, Corredoiras, Gharaboto e Armadiña. Aparece tamén un representante de Laxe de Rons e outro de Rinoceronte. En feminas, quen optarán ao título serán Adriana e Bego. A outra praza de podio terán que discutila Elena Glez e Lu, pois están separadas por unicamente 5 ptos. En Equipos, Corredoiras xa impón unha marcha difícil de seguir para o resto de equipos, xa se distancia a 27 ptos do segundo clasificado. En Equipos Femininos, a mala xornada de Gharaboto non foi aproveitada por Valpaços, quen só obtivo 3 ptos máis que o equipo de Marín. Estes mesmos ptos son os que distancian aos dous claros favoritos para o título. Aínda que coa incorporación de Chefa o equipo de Corredoiras Féminas ten algunha esperanza de, polo menos acercarse aos dous primeiros. 
     















ELENA GLEZ

CHO

CHARRI

CHICHO

YU

LAU

GERARDO TORRES



1 COMMENT

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome