CRÓNICAS RÍAS BAIXAS e NOROESTE

0
153
        En Castrelo producíuse a vitoria incuestionable de Charri, o João Simões da LNB. Despois, de varios meses sen saber nada del, por fin apareceu por terras do Salnés. Pasou coma unha borrasca por enriba da terra do Campo das Festas de Castrelo. Iso si, tivo que cambiar o chandal de Corredoiras polo seu habitual chandal portugués. Parabéns para o de Bueu.  
     Por vez primeira na Conferencia Rías Baixas, e na LNB, estableceuse un podio para maiores de 65 anos. Despois de facer o censo oficial (había que presentar o DNI), comprobouse que aparecían 19 persoas nesa franxa de idade. Ademais, o nivel destes e destas competidoras foi excelente, pois dous deles, Charri e Manolo Fariña, entraron na final a 4, da xornada.  En definitiva, se constituisen un equipo estarían, ben seguro, loitando polo título de Conferencia, e quen sabe se polo título LNB.

    En canto ás puntuacións da xornada salientar na Categoría Individual Absoluta que Juanma continúa co seu rendemento magnífico e só se deixou ptos con relación a Xan. Os demais candidatos ao título estiveron por detrás do de Lúa de Forza. Isto indica que xa non estamos falando de algo ocasional, pois, xa van alá 7 xornadas, e o subcampión LNB 2018 xa é unha firme opción de Título de Conferencia. Algunhas puntuacións destacadas de xogador@s que normalmente non están neses números foron as de Suso, Elena Glez e a de Albino Caneda. Por outra beira, tamén sobresae, por inesperada, a baixa puntuación de Cho (5 ptos), un do G-5, que agora baixou ata a 6ª posición.
     
      Nas féminas, a puntuación de Elena Glez confirma a súa progresión meteórica cara ao podio da Categoría. Xa se sitúa segunda, a tan só 3 ptos da líder, Adriana. Tendo en conta que a da Adina faltou a unha xornada, estamos falando dun momento de forma excelente. 
      En equipos continúa a loita cerrada entre Corredoiras, que resiste no primeiro posto, aínda que cedeu o triunfo na xornada, e Lúa de Forza, que pasiño a pasiño mantén o pulso en todo o alto. Houbo moi pouca diferenza de ptos entre os tres grandes, así, Gharaboto que foi terceiro na xornada, conseguíu só 5 ptos menos que o equipo ganador. Despois, xa veñen os equipos de clase media, entre os cales destacou a actuación de Rinoceronte, sobre todo, considerando que presentou 5 xogadores adultos nada máis. 

       Pensamos que a maior sorpresa aconteceu na Categoría de Equipos Femininos, pois, o invencible Valpaços Terra Quente, cedeu por primeira vez desde que se puntúa nesta Categoría, o primeiro posto a Gharaboto. Si, a enorme actuación de Elena Glez (19 ptos), xogadora franquicia de Gharaboto, coincidiu coa baixa puntuación da líder do equipo de Vigo, Adriana (6 ptos). Deste xeito, houbo 26 ptos de distancia entre os dous equipos, feito que provocou o cambio de líder na xeral. 

    Deste xeito quedan as clasificacións nos seus primeiros postos.

A xogada polémica da xornada (houbo varias). Ricardo Lois reclamando ao xuíz de campo, que non lle fai nin caso, que a billarda entrou e que debe revisar o VAR. Houbo que botar man do regulamento para resolver a xogada.
        Xogadas inverosímiles que nunca antes
de deran, billardas que se dan dentro, indo por fóra, billardas que
se dan fóra indo por dentro, todo isto nunha xornada na que Charri
non sacou fotos e só se centrou no xogo… e que ben lle foi! Será
a cámara fotográfica a súa kriptonita?
NOROESTE
       Despois dun mes de non
saber nada deles, Berdillo e Viqueira foron entregados á LNB polo
Sheriff L. Pena, un dos maiores cazarecompensas da Comarca de
Bergantiños. Estes dous prófugos da LNB foron encontrados na
fronteira entre Italia e Eslovenia, seica tiñan intención de entrar
na SLOVENIJE PANDOLO NATIONAL FEDERATION. Grazas ás pistas aportadas
por EGASA, L. Pena puido detelos antes de cruzar a fronteira.
     
Tribunal deliberando sobre a liberdade dos prófugos
  
    Unha vez que os prófugos pasaron varias noites nas dependencias de Campo da Feira, o Comité de Ética e Boas Maneiras da LNB NOROESTE decidiu indultalos, visto o seu arrepentemento e o seu xuramento de fidelidade a MAC, o novo equipo formado a partir das cinzas de Cochiqueiros e das brasas de Malpica.



      No aspecto competitivo, a incorporación
dos exCOK supuxo un salto de calidade para MAC que resucita e
acércase na xeral a APB. Equipo este que firmou a outro xogador para
reforzar o seu cadro de xogador@s,
José Manuel. Na Categoría Absoluta, extraordinaria xornada e puntuación de dous dos infantís de ouro da LNB, Abel e Marc. O primeiro subiu á segunda posición do podio e o segundo conseguíu 20 ptos, unha das puntuacións máis elevadas da xornada. En Feminina Merche ganou a xornada.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome