CRÓNICAS ABERTOS FIN DE SEMANA

0
92

                                   NORLESTE

        Excepcional traballo de organización d@s nos@s compañeir@s de Castiñeiro Milenario para levar adiante un ano máis o Festival 27373 Begonte. E grazas por contar outra vez coa LNB e, deste xeito, contribuír co obxectivo de espallar a práctica da billarda por todo o país. 

        Ademais da participación de xogadores que son referencia na LNB Norleste, no Aberto participaron  xogadores e xogadoras nativos que demostraron que outro xeito de golpear é posible. Desta maneira, o xa coñecido como golpeo de Begonte está sendo estudado polo adestrador Flores, para ver a súa eficacia, e de consideralo oportuno, introduciríao nas vindeiras sesións de adestramento da Auténtica.
Vídeo subido a elprogreso.es (Cristina Pérez)
NOROESTE

       @s participantes no Aberto do Churrasquiño tiveron que soportar, primeiro, a inxesta de 25 quilos de churrasco acompañado das guarnicións e pan correspondentes, despois, a sobremesa de licor café e, finalmente, o discurso ininterrumpido e repetitivo de EGASA durante o xogo. Daquela, coñecidos estes antecendentes os resultados competitivos non podían ser outros: vitoria inapelable do Martelo Mecánico de Paiosaco, o infatigable comunicador e irredutible deportivista, Eduardo García Santiago, EDU.

RÍAS BAIXAS
       O Aberto de Chans xa se convertiu no Aberto da Néboa, pois xa non é a primeira vez que este lugar tan elevado de Bueu se enche de fume de auga cando @s palanador@s están xogando á billarda. De todos os xeitos, esta circunstancia proporcionou a posibilidade de realizar fotografías espectaculares. 

       Non sabemos se foi o efecto da néboa ou se a altitude á que se xogou, mais o certo é que Charri conseguiu a vitoria. Despois de quedarse a temporada pasada fóra das prazas de Finalista LNB por faltar á última xornada, semella que ten aprendida a lección e esta vindeira temporada quere empezar acumulando moitos puntos. Entón, está seguindo un sistema de adestramento de pretemporada moi exhaustivo: pola mañá, 2 quilómetros de natación, á hora de comer, 2 quilos de espinacas, pola tarde, sesión de pesas, á merenda 400 gramos de seitán (proteína vexetal), pola noite, 5 quilómetros de carreira continua, e á cea, 150 gramos de pasta integral. 

VANESA REXENXO

BELMIRA

ÁLVARO

ALBINO CANEDA

JORGE
CHARRI

MÓNICA

MILA

MARISA
XIÁN

CHICHO

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome