CRÓNICA 1ª xornada LNB RÍAS BAIXAS O Grove 31 agosto 2019

0
534

A primeira xornada da LNB Rías Baixas xa é pasado e, non obstante, aínda hai quen lembra as circunstancias que fixeron dela unha xornada peculiar, por aforrar certos cualificativos ofensivos. Primeiro, unha imaxe que vai deixar ben ás claras que certas argucias, artimañas ou estrataxemas seguen sendo o modo de actuar dos equipos da banda sur da Ría de Pontevedra.

Actas dos grupos C e F. Para quen nunca manexara estas actas dicir que se suman os puntos que se conseguen en cada carreira para obter o total de ptos que lle corresponden a cada xogador/a. Pois ben, collede calculadora…

 

Ano 2017, 16 de setembro, 2ª xornada LNB RÍAS BAIXAS, en Moscos (Pazos de Borbén)

 

En fin, non imos lembrar outro incidente destas mesmas características que sucedera hai dous anos (16 setembro 2017) na xornada de Moscoso. Curiosamente, os mesmos implicados naquel caso (Daniel Rino e Fari Corredoiras) foron quen fixeron estas sumas o sábado no Grove: 0+0+4+4+5 = 14 , 5+4+0+2+5 = 17. Que COINCIDENCIA !

 

Mentres non temos as imaxes captadas pola cámara de Charri debemos conformarnos con algunhas do arquivo de Armadiña que mostran que a política de fichar xogadores estranxeiros non funcionou, polo menos, nesta primeira xornada. Ademais, algún xogador da canteira quedou relegado a un segundo plano e isto non o levou moi ben.

 

Vixo, o xogador talentoso da canteira e sobre o que se pretendía edificar a primeira clasificación para as finais LNB da franquicia de Poio, estase sentindo marxinado e semella que non segue unhas pautas axeitadas de descanso, cousa que se reflictiu nos resultados,

 

 

Outra alegre nova foi a magnífica participación feminina (31) o que fala da saúde deste deporte tradicional, pois reto que asume unha muller desafío que será logrado.

 

Mañá continuaremos informando sobre outras incidencias acaecidas no Monte da Vila. Semella que o sistema de competir que se usou durante os Abertos de verán causou certa confusión, sobre todo, a un palanador de barba, que quería dar o cuarto golpe cando xa entraran 5 xogador@s. Por outra banda, ao estar xogando todos ao mesmo tempo houbo que facer unha arbitraxe compartida, cousa que provocou algún que outro sobresalto á hora de anotar as puntuacións.

En definitiva, sumas incorrectas, anotacións distorsionadas e xogadas dubidosas, nada novo, o que si foi unha sorpresa, e das agradables, foi o fenomenal agasallo dunha camiseta para cada participante. O equipo local Laxe de Rons  estivo tan espléndido que incluso entregou unha pala e un angazo para xogar coa area da praia a tod@s participantes infantís… e a algún adulto que coa excusa de “para meu neto, para miña neta”, leváronse tan útiles ferramentas de plástico.

VÍDEO DA FINAL

 

 

    Algunha foto máis

(non son as de Charri, pois, estamos esperando que as publique dunha vez, pero, semella que non se atreve a publicalas por se nalgunha aparece algún compañeir@ de Corredoiras manipulando as actas).

ANA GHARABOTO

DANIEL RINOCERONTE

 

LAU ARMADIÑA
CARMEN NAI GHARABOTO

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome