Crónica da 2ª xornada da Conferencia Rías Baixas

0
352
María Golo (Corredoiras)

A segunda xornada disputada en Montalvo, Sanxenxo congregou a 72 participantes e 7 equipos da LNB RÍAS BAIXAS. O equipo local, Lúa de Forza, soubo sacar proveito das condicións do terreo de xogo e do microclima de Sanxenxo para impoñerse na categoría de equipos, por diante de Corredoiras de Bueu e de Armadiña de Poio. En equipos femininos foi Corredoiras de Bueu quen se levou a vitoria, seguido de Valpaços Terra Quente de Vigo e de Gharaboto de Marín.

Na categoría individual absoluta Fari de Corredoiras ganou a xornada, seguido de Juanchi de Lúa de Forza e de Xan Rodiño do mesmo equipo. Na categoría feminina foi Tania de Valpaços Terra Quente a que quedou primeira, segunda foi Bego Ríos de Corredoiras e terceira Chefa, tamén de Corredoiras. En infantil, ganou Ainhoa de Armadiña, segundo foi Hugo de Gharaboto, e a terceira posición foi para Nerea de Armadiña.

Una vez sumados os puntos desta xornada, hai un líder inédito. Cho de Armadiña de Poio acada o liderado por vez primeira na súa traxectoria como xogador LNB. Desde que comezou a súa carreira deportiva o xogador de Combarro mostrou talento e un nivel competitivo moi destacado, mais a súa irregularidade en superficie de pavillón, mantíñao lonxe do podio da categoría. Aínda así, sabemos do seu potencial e se logra afacerse ás pistas rápidas de interior será un candidato ao título.

Podio da segunda xornada da Conferencia Rías Baixas

A terceira xornada da LNB RÍAS BAIXAS será o 28 de setembro en Poio no Campo de billarda da Reiboa, polo tanto.

Paula, xogadora de Armadiña
Papi, xogador de Armadiña

 

Clasificacións

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome