Home Actualidade CRÓNICA LNB NOR. David contra GoliAPB, caso Aberto. O DOG 133 publica a resolución do recoñecemento da Billarda como modalidade deportiva

CRÓNICA LNB NOR. David contra GoliAPB, caso Aberto. O DOG 133 publica a resolución do recoñecemento da Billarda como modalidade deportiva

0
CRÓNICA LNB NOR. David contra GoliAPB, caso Aberto. O DOG 133 publica a resolución do recoñecemento da Billarda como modalidade deportiva

Ninguén pode esquecer a vitoria incontestable de Collazo no Aberto das Cereixas, nin que o de Lestón aínda garda algunha opción de título. Mais, o acontecemento que prendeu o lume da sempre deslumbrante rivalidade entre APB e MAC foi a fichaxe de David Fontaíña, o Furacán de Verdillo. Ben, antes de entrar en liñas e paragrafos esta é a crónica de Tánator, o redactor mellor pagado da delegación de BIGAL na comarca de Bergantiños.

Pedregal de Paiosaco, nacemento do Caso DAVID CONTRA GOLIAPB

 

Agora é o momento de analizar polo miúdo este acto, contrario á ética ou simplemente un mal entendido horario de inscrición? Desde o equipo MAC enviáronnos as imaxes que ensinan con meridiana evidencia que David Fontaíña é, e foi sempre, xogador da Cochica de Cerceda, equipo filial de MAC. Certo que David practica outros deportes e as súas fichas federativas en varias modalidades pode levar a algunha confusión. Non obstante, as súas características de gusto pola vida nocturna, polo boxeo e un innato sentido da puntualidad fan que ninguén poida dubidar que é un MAC de puro sangue.

 

A falta de dúas xornadas para o remate da liga e coa praza de finalista en mans de MAC por un pto de vantaxe soamente, quen se perderá a vindeira xornada do 11 de xullo nas Encrobas, territorio MAC? Por se isto non fose suficiente para animar a semana, a prensa xa se encargou de poñar da súa parte. Vós mesmas, vós mesmos, contemplade a nova que saíu na prensa dixital da delegación de Lugo e comparádea coa nova da delegación da Coruña. MACnipulación informativa ou interpretación licenciosa?

 

A LNB NOR continúa a ser a Conferencia máis mediática, o que fai que se mire con lupa calquera movemento e acción que suceda. Entón, o Protocolo de prevención do contaxio da COVID 19 séguese con atenta observancia e aplicación. A medición previa da temperatura de participantes está garantindo que a billarda sexa un deporte seguro. Sabemos que ao final da xornada a temperatura dalgún palanador subiu por enriba dos 38 graos, unha vez que se sumaron os 10 ptos de David no peto de MAC.

 

Algunha foto espectacular do Aberto de Billarda das Cereixas de Paiosaco. Deixamos para días vindeiros a reflexión sobre como quedan as clasificacións.

 

Momento histórico para a Billarda.

 

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here