CRÓNICA FIN DE SEMANA DE TABs

0
110
      O comezo de xuño marca o inicio da pretemporada LNB 2019-2020. Unha semana de descanso e a caravana da billarda xa se desprazou a Xunqueira de Ambía (Ourense) e a Muimenta (Lugo). O lema desta campaña de verán da LNB é:


Ningunha festa sen billarda 
ningún festival sen varal  !




       Como está de vacacións EGASA, o mellor corresponsal da LNB, as novas destes dous Abertos están chegando con grandes dificultades. Aínda así, sabemos que o sábado 1 de xuño, o campo de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía foi acondicionado para a práctica da billarda usando tracción mecánica, pois o método de pastoreo foi prohibido polas autoridades gandeiras municipais, debido ás altas probabilidades de lipotimia entre vacas e ovellas, polas altas temperaturas reinantes. A quen non afectou a temperatura das 18h (superior aos 35 graos) foi a un puñado de afout@s palanador@s chegados das Conferencias do Norte e a algún nativo, que se enfrontaron á deshidratación no anfiteatro de Sobradelo con notoriedade e, sen apenas, esvaecementos.

Antes

Despois
      
O novo corresponsal en prácticas do Noroeste, durante estes meses de verán, XOCO, enviounos esta instantánea de varios palanadores LNB esperando no banquiño a súa quenda de xogo. Pódese apreciar nas súas facianas que a temperatura de Ourense non ten rival neses corpos afeitos á compracencia dos mornos veráns do norte galaico.
     A presenza do Coroceiro en Muimenta, o domingo 2 de xuño, Daniel R. Saavedra puxo ao Aberto de Muimenta no calendario dos máis destacados torneos de verán. Estamos esperando a información que nos envía o outro corresponsal en prácticas do Norleste, ISGA. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome