CRÓNICA FIN DE SEMANA CONFERENCIA NOROESTE

0
133
        
Marc arbitrando, Andrade xogando, Mariña situando a billarda e uns nenos mirando
       A foto representa con meridiana evidencia o que está conseguindo a Conferencia Noroeste: recuperar a xogadores que xogaran na súa infancia e por circunstancias vitais deixaran de xogar, formar ás xeracións máis mozas neste xogo marabilloso e difundir a práctica da billarda entre outras persoas que curiosean e se senten atraídas por esta representación lúdica e cultural. Magnífico!
           O gran triunfador da xornada foi Juan Carlos, quen inscribe o seu nome no Alboio da Fama da LNB como ganador dunha xornada. 
JUANCARLOS Campo da Feira
MERCHE APB Santa Marta

MARC Campo da Feira
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 JUAN CARLOS CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 ROI APB SANTA MARTA A LARACHA
3 XULIO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
2 MARIÑA MALPICA MALPICA
3 AURELIA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 MARC CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 NOEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
3
CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO
1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 APB SANTA MARTA A LARACHA
3 MALPICA MALPICA
      
            O xogo veuse condicionado por dúas características do terreo de xogo. A primeira, era un lugar sombrío pola mañá e, polo tanto, cun nivel de humidade elevado. A segunda, o lugar de saída estaba en zona dura e o resto do campo en zona de herba. Isto provocou vaios esvaróns, e só as magníficas condicións físicas e o completo desenvolvemento psicomotriz do afouto grupo de persoas LNB Noroeste permitiu celebrar a xornada sen que a ambulancia medicalizada da Coruña tivese que acudir a Culleredo. Fabuloso!

Noel (novo xogador infantilintentando axeitarse nun lugar seguro

      
       No aspecto competitivo, a 7ª xornada deixa, nas clasificacións, dous grandes dominadores da primeira mitade de liga, e os dous con orixe en Paiosaco. Na categoría de equipos, o equipo representativo da vila Laracheña, Campo da Feira, non ten rival e na categoría individual, Collazo segue firme no camiño cara á Coroza 2018. En equipos os postos de Play Off pensamos que están ben definidos e serán os dous equipos da Laracha quen acudan a Compostela a finais de maio. En canto aos postos individuais haberá emoción ata a última xornada, pois Oscar Ponte, Carlos e Apóstolo están, a estas alturas, fóra deses lugares e son xogadores de nivel para entrar. O que pasa é que os que están dentro tamén son palanadores Top. Daquela, a seguir mellorando. 

       Continuando as actividades de sensibilización e divulgación da billarda, o colectivo Billarda de Toxo (Paiosaco) está preparando unha San Silvestre de Billarda. Veremos se son quen de organizar un evento de tanta dificultade, sobre todo, por ser en época de tantas outras actividades. Están abertos a propostas e iniciativas que poidan enriquecer este complexo proxecto.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome