CRÓNICA DUN ABERTO ANUNCIADO: BORDÓNS VINTAGE

0
124

     

        O lugar onde se xogou o Aberto da Festa Labrega de Bordóns, tamén coñecido pola “cova do lobo”, está no máis algo desta parroquia de Sanxenxo. Un lugar rodeado por castiñeiros, carballos, piñeiros e eucaliptos, que só dou tregua para abeirar unhas pistas polideportivas. Tamén, desde esta altura a panorámica da Ría de Pontevedra é magnífica.
Punta Festiñanzo e praia de Areas, neste lado da Ría de Pontevedra. Ao outro lado. Bueu.
         Achegaronse 7 persoas desde a Conferencia Noroeste, das que xogaron 6. O reto era importante para estes compañeir@s do Norte. Nada máis e nada menos que pasar desde a latitude 43.24 a xogar na latitude 42.41. Demasiado ao sur ! 
       Certo que o rendemento non foi o esperado. Mais, o aspecto competitivo quedou nun segundo plano. O máis salientable foi a presenza de xogadores e xogadoras de billarda uniformados ao “Vintage”. Mirade as fotos de abaixo. Incluso, os medios de comunicación (Canal Rías Baixas 7) quixeron estar presentes neste presentación da moda deportiva da billarda para 2018-2019. 
Elena (Campo da Feira) foi a única que non se atreveu a xogar. Os demais xogadores vestidos ao “retro” foron quen de atreverse a portar tan desequilibrantes roupas.
      
Vemos ao “Top Model”, Xulio Ponte, desfilando na pasarela de Bordóns. Tamén, Gharaboto está probando a “camisa con cadros” para a nova temporada outono 2018.

      Para a entrega de premios contouse coa colaboración do único descendente vivo de Malarico (caudillo militar pretendente ao trono do Reino Suevo despois da deposición de Andeca, ultimo Rei Suevo. Malarico foi derrotado no 585 por Leovixildo), Albino Caneda. 

       Tamén, tivemos que avisar de urxencia a Sigmun Freud, pois algún xogador do Noroeste precisou tratamento psicoanalítico.
PACO VIDAL (O Sigmun Freud do Grove)

AINHOA

ALBINO

ÁLVARO

ÁLVARO PAI

BEGO
BELMIRA

CARME NAI

CAROLO

CHARRI

CHICHO

GERARDO TORRES

MERCHE

JULIO VILAS

JUAN CARLOS
AÑÓN

JUANMA

LUÍS CAMIÑA

LUÍSGON

MACHI
MARGA

MARISA

MARTÍN

MÓNICA

RICARDO LOIS

TAXEIRO

XIÁN

TRISTÁN e TEO  (palanadores 4.0)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome