CRÓNICA DO ABERTO DE RÍO 14 agosto

1
201
        Ourense quere participar nesta aventura marabillosa chamada LNB. Esta vez parece a definitiva, pois, ademais da intención de crear a primeira conferencia ourensá hai dous equipos, moi potentes, que xa están de acordo para organizar a Conferencia Caldelas-Trives. A demostración deste interese veuse no Aberto que se organizou o martes 14 de agosto no campo da festa de San Xoán de Río, cun éxito grandioso, tanto pola participación como polo nivel de xogo. 
        
        

Madeira (propiedade de Xosé Miguel Blecua) coa que se preparou o material de xogo: paláns e billardas.

Futura sede da LNB Conferencia Caldelas-Trives
        Desde Manzaneda acercouse un grupo de mozos e mozas con pouca experiencia na práctica da billarda e que xogaban por vez primeira no formato LNB, pero que demostraron un talento fabuloso. Tanto é así, que a campioa absoluta do Aberto foi Sara, unha das súas representantes. 
        
EQUIPO DE MANZANEDA
        De Río presentouse un equipo máis numeroso e igual de inexperto que o de Manzaneda, pois nunca xogaran á billarda a maioría dos seus xogadores e xogadoras, coa excepción do patriarca Juan, que lembraba a súa infancia xogando entre a herba. Un home que tivo que buscar o seu sustento fóra da terra galega e retorna todos os veráns, traendo con el a familia, que foi medrando no exterior. 

EQUIPO DE RÍO
       O salientable deste aberto foi que, excepto Xosé Miguel Blecua, o Chemi, ningún outro competidor ou competidora xogara antes á billarda de xeito oficial. Daquela, un dos obxectivos da LNB foi cumprido en Río, divulgar e favorecer a práctica da billarda
           No aspecto competitivo, dicir que o futuro da LNB está no poder feminino. Así, de 25 participantes só 4 eran de sexo feminino e dúas delas estiveron xogando as semifinais, Gisela e Sara de Manzaneda. Finalmente, a fantástica Sara ganou dun xeito inapelable as dúas carreiras da final. Luís vive en Barakaldo e nunca xogara á billarda. Adri vive en Burgos e tampouco xogara. Gisela e Sara son de Manzaneda e coñecían o xogo do colexio, mais nunca participaran en competición algunha. 

       Houbo golpes estupendos e outros non tan bos. A idade media dos participantes foi a máis baixa da historia dos Abertos da LNB. Mirade as fotos e comprobarédelo. Só o patriarca Juan tiña máis idade que os 8 competidores máis novos xuntos. 
A espectación antes do comezo e a tensión previa á alta competición 
Adestrando antes do comezo

Antes do comezo, o público buscaba un lugar nas bancadas para ter boa perspectiva
ADRI

AIMAR

CHEMI ” O experto”

DANIEL “O benxamín”
DIEGO DIÉGUEZ

GISELA 

GUILLE

INÉS Técnica excelente de golpeo 

AIMAR, PABLO e DARÍO “Os tres magníficos”

IRIA 
O Patriarca Juan. Tod@s @s competidor@s atent@s ao seu golpeo maxistral aprendido na infancia de aldea.
JUAN CARLOS
LUÍS
PABLO

ROI
MARCOS

SARA para ganar o Aberto

SARA golpe que gana o Aberto

1 COMMENT

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome