CRÓNICA da xornada 10 LNB RB VILABOA. Popoye, Frai Che Angélico, atención sanitaria na Billarda e moita Fariña

0
428

A xornada 10 da LNB RÍAS BAIXAS celebrada en Vilaboa, Riomaior, confirmou a supremacía de Manolo Fariña sobre a superficie de pavillón. Por terceira vez nesta temporada gana unha xornada. A verdade é que o de Ribadumia só sabe ganar fóra da súa Comarca. Así, ganou en Moaña, Pontevedra e Vilaboa. Manolo, para cando unha vitoria no Salnés?

Marga Puente levaba unha temporada con puntuacións regulares, cunha media que non chegaba a 6 ptos. Pois ben, a partir da última xornada do ano pasado disputada en Salcedo, Pontevedra, a da Adina tivo unha metamorfose espectacular. Nestas dúas últimas xornadas, novena e décima, obtivo unha media de 20 ptos, algo que a acerca ao seu obxectivo de clasificarse para a FinaLNB 2020. Estaba case sen esperanzas, mais agora ten a última praza de finalista a tan só 5 ptos. Ademais, subiu por vez primeira na súa carreira deportiva a un segundo posto do podio absoluto e a piques estivo de entrar no Olimpo de ganadora.

 

Terceiro foi Ricar, o líder indiscutible da Categoría Absoluta que aumentou a distancia cos seus perseguidores ata os 48 ptos que lle leva a Piru. Non obstante, o de Corredoiras non acadou aínda o triunfo en ningunha xornada e iso que encadea tres finais consecutivas. Semella que a emoción vai estar nas prazas de podio, pois, apretouse a cousa coas actuacións excelentes de Fariña e de Bego e as malas puntuacións de Piru, Álvaro e Xan. Os cinco están a unha distancia de 8 ptos.

Na Categoría Feminina Bego avantaxa en 54 ptos a Elena González e cada xornada distánciase máis. O Título vai camiño de Bueu, irremediablemente. O interese de aquí ao final de liga estará centrado nas outras dúas prazas de podio e, por suposto, nas prazas de FinaLNB 2020. Para o podio aínda é moi pronto para descartar a calquera das 7 candidatas que persiguen a Elena González e a María Caride, que ocupan a segunda e terceira praza, respectivamente.

 

Na Categoría Infantil, Hugo segue encabezando a xeral, pero, ollo que Xián xa se lle acerca a velocidade de Raio… Verde. Agora, Ainhoa sitúase terceira, aproveitando a ausencia de Óscar Caldas.

 

En Equipos, Corredoiras púxose serio e coñecedor do potencial de Gharaboto en pavillón e do momento doce de forma de M. Fariña presentou o equipo completo. Incluso recuperaron a Adri despois de dúas xornadas ausente. Deste xeito, as súas catro mellores puntuacións estiveron na vintena de ptos, cousa que os fixo inalcanzables para Gharaboto que só tivo a dous palanadores neses números das dúas decenas de ptos. O equipo de Marín notou a desastrosa actuación de Piru que non conseguiu puntuar en ningunha das 5 carreiras. Agora, a distancia entres os dous primeiros clasificados queda nos 30 ptos. Lúa de Forza continúa na terceira posición a pesar de obter unha puntuación bastante, bastante… ruín. E pudio ser peor, menos mal, que O Raio Verde e Carolo estiveron afinados. Rinoceronte foi terceiro na xornada nun territorio no que sempre obten bos resultados. Os ptos de Daniel e Cris por enriba dos 20 ptos sostiveron ao equipo capitalino. Agora, semella que o equipo de Pontevedra loitará pola cuarta praza da xeral, xa que, Armadiña e Laxe de Rons, que están por enriba, tiveron actuacións, máis ben regulares, chegando a mediocre no caso do equipo de Poio. Agora hai, apenas 12 ptos de distancia entre os tres equipos. Valpaços continúa de pecha cancelas. O equipo de Vigo tivo a súa mellor puntuación das últimas catro xornadas, fundamentada nas grandes actuacións de Taxeiro e Belmira.

 

 

Agora, as clasificacións xerais nos primeiros postos quedan deste xeito.

 

 

Curiosidades desta xornada foron a reincorporación de Moncho transformado en Popeye o mariño. O antigo Andarela, agora sen equipo e á deriva, acercouse ata Vilaboa co novo uniforme que vai vestir de aquí a final de temporada, a camiseta a raias e a pucha da mariña rusa. Non perdeu o seu golpe imprevisible e sen dirección definida que o caracterizou na súa anterior etapa. Non entrou en ningunha das 5 carreiras, pero deixou pegada a súa elegancia no vestir e o seu escultural e atractivo tronco. Aquí podedes ver unha instantánea de Moncho, para aquelas persoas incrédulas.

 

Outra decisión máis da LNB RÍAS BAIXAS, a todas luces acertada, fixo que nesta xornada xa houbera a pé de pista, no pavillón de Riomaior, unha unidade de atención psicolóxica, tan demandada por palanadoras e palanadores, xa que, este deporte desequilibra bastante.

 

Por outra beira, Che Angélico demostrou que o retiro espiritual deste Nadal transformouno por completo. Xa está probando vestimentas moi similares á Coroza. Seica durante o seu retiro no cenobio da Armenteira tivo un éxtase místico no cal se lle apareceu Daniel Rodríuguez Saavedra e díxolle que fose preparando o corpo, pois, a Coroza 2020 volverá a el.

 

Para rematar, sábese desde tempos inmemoriales que para facer un bo produto precísanse boas materias primas. Na billarda sucede o mesmo, para colleitar ptos e vitorias hai que achegar material de calidade. Despois da xornada do sábado en Vilaboa, xa sabemos que equipo vai facer a mellor empanada. Gharaboto ten boa Fariña e Corredoiras ten mala Fari…ña.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome