CRÓNICA DA LNB NOROESTE. AS ENCROBAS non decidiu nada nas prazas de finalista e adiou case todo para a última xornada

0
224

A crónica do noso corresponsal na Comarca de Bergantiños, Tánator, deixa ben claro que na penúltima xornada LNB NOROESTE non se decidiu nada e que se prolonga a agonía unha semana máis.

 

Agora, todo se decidirá en Soandres o vindeiro domingo 19 de xullo. Terceira praza de podio final de LNB NOR, últimas prazas de FinaLNB 2020 e praza de finalista de Equipos. Son tantas as combinacións estatísticas que… vaia, calquera dos 6 implicados nas prazas individuais que teña unha mala xornada vai blasfemar ben alto e quen teña unha mañá acertada saltará coma canguro escapando do depredador.

A ausencia de Añón na última xornada vai supoñer un factor imprevisto que abre a posibilidade para que o satanista da Laracha poida quedarse sen praza de finalista. Vai depender da voracidade e acerto na actuación dos 5 candidatos que o queren merendar.

 

Facendo a mesma análise para o posto de podio que falta por decidir, esta sería a clasificación final (nas gráficas de abaixo) Óscar Ponte ten moitas probabilidades de acadar a terceira praza tendo en conta estes parámetros.

 

Na categoría de Equipos a complicada situación de MAC, cos Mato desaparecidos e Viqueira zombificado por Añón, fainos pensar e afirmar que APB é claro favorito, mais, nunca hai que subestimar o poder das artimañas, argucias e trampas múltiples que ten a Unión Temporal de Equipos MAC. Non obstante, se consideramos os resultados dos 2 equipos na última xornada que xogaron nese mesmo campo, hai dúas temporadas, cando ainda MAC xogaba por separado, COK e MAL, pois, o curioso é que sería MAC quen se alzaría con esa praza. Daquela, olliño !!!

 

Xa está todo preparado para Soandres.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome