CRÓNICA da 3 xornada LNB NORLESTE Trabada

0
420

A xornada de Trabada comezou coma todas as demais que se disputan en pavillón, coa precaución de moitas persoas e coa ilusión doutras tantas. Precaución á hora de golpear a billarda para quen a forza é a virtude que máis usan, e ilusión para aquelas outras persoas que teñen menos, forza pero están cheas de habilidade, destreza e precisión. Pois ben, ao finalizar non houbo sorpresas na categoría absoluta, xa que, disputaron a final, despois de empataren a 23 ptos na fase de grupos, tres dos máis laureados palanadores da LNB. O bicoroceiro, Daniel Rguez Saavedra, impúxose por diante de Markytos e Charly.
Na categoría feminina o triunfo foi para Sandra de Troitas, quen xogou o mellor torneo da súa vida. Por suposto puxémonos en contacto con ela para que nos explicara as claves da súa inesperada, sorprendente e, non obstante, grandiosa vitoria. Preguntámoslle se usara a Varita do Mago de Castropol para golpear a billarda.
Sandra contestounos que “lo que pasó fue que, tras verme tan triste por no haber puntuado en O Aberto do Ferro que organizamos Troitas en A Pontenova, Navallo pasó la noche del viernes dando cuenta de sus hechizos y conjuros para intentar ayudarme el sábado. Todo eso, sumado a que finalmente jugamos en el polideportivo (superficie menos complicada para las que no se nos da muy bien este deporte) dió como resultado que hiciese la que es mi mejor participación en este deporte. Por otro lado, sin desmerecer al resto de mis rivales, no hay que olvidarse de que tenemos de baja a la vigente campeona, Geni.
Y, por supuesto, mi participación del sábado nunca habría sido notable de no haber jugado con los Troitas, que en estos momentos, para mi, más que un equipo, son una familia. Sin su apoyo, optimismo y la tranquilidad exenta de presión que me dan, nunca habría conseguido eses 18 ptos. Me gustaría dejar unas líneas para recordar a nuestro rival y compañero Jorge Galdo, por el cual el sábado se celebraba una misa, a la que no pudimos acudir, ya que se fue a las 20h y todavía nos encontrábamos en Trabada”.

Noite do venres. Sachas con Sandra. Esta palanadora tomou a beberaxe de sangue do Mago de Castropol, así este quedou sen forzas para o sábado en Trabada.
Cea prometida por Edu se Sandra subía ao máis alto do podio (promesa feita no Día das Estrelas da Pontenova 2019).
Despois da Cea, vemos ao equipo de Troitas compartindo líquido e compañía. Non é unha visión, é que Sandra tivo que multiplicarse tamén no local de ocio nocturno.

Chaínzos-Cadaval armou un equipazo para esta temporada e acaba de fichar no mercado de San Martiño a Oliver. Ademais, Kiko, desde que regresou de Verona, recuperou aquel golpe que tiña con 20 anos. Así, os de Castro de Rei escoitaron a sonata dos Billardeiros e aplaudiron, pero continúan no liderado da clasificación. Os músicos de Ribadeo tiveron un concerto brillante e con 90 ptos non deron opción.  Chaínzos cedeu 6 ptos e agora supera ao actual campión en 2 ptos.

KIKO
PAULA

 

CORTÓN
VERO
AROA

Troitas sufriu para aguantar o ritmo e cedeu ao final. Había que ter a 4 xogador@s en 20 ptos para estar no podio e non puido ser. Quizais o sistema trespés de Guti non funcionou como esperaban ou a iluminación que instalou Sachas no pavillón de Trabada non tiña os estándares de luminosidade axeitados, ou quen sabe que raios lle pasou a dous dos alicerces de Troitas, Sachas e Navallo. E menos mal que Sandra fixo maxia en Trabada, senón a desfeita puido ser maior.

MARCOS

Resucita Carabullo e empeza a remontar. Xa está a 11 ptos da praza de finalista. Remourelle quería dedicarlle a vitoria ao avó Villarino, mais non houbo maneira, e iso que Villarino estivo moi ben acadando 15 ptos. Foron quintos con 65 ptos, a pesar de que Milio, Muriego e Jorge son de espazos abertos por arriba. Xermán e Flores completaron sexteto Bull.

 

IREA
ISMAEL
VILLARINO

Billarda Verde acusou as baixas numerosas e con só tres xogadores tivo unha digna actuación. Madia Leva e Castiñeiro Milenario están progresando. Madia ten un equipo cunha sección infantil fabulosa e a ilusión deses nenos polo xogo debe ser o motor que guíe o seu camiño. Mateu acadou 5 ptos, entrando en dúas das cinco carreiras, fantástico para un neno tan cativo.

SEIXAS

 

MATEU

 

Castiñeiro continúa coa súa progresión imparable. Estes son os números da súa traxectoria, primeira xornada, 8 ptos, segunda, 31 ptos, terceira, 44 ptos. Non se pode esperar menos de vós que superar os 50 ptos en Reinante o vindeiro sábado.

VANE
ANA

A polémica da xornada veu da man dun cuarteto de foraxidos sen lei que se acercaron a Trabada procedentes da Comarca de Bergantiños. Este grupo de palanadores non coñece deus nin conxunto lexislativo fóra das pulsións e instintos básicos. Xa protagonizaran algún que outro incidente en locais de restauración cando acudiron á LNB Rías Baixas. En fin, van desarmados e con moita sede, polo tanto, son perigosos.

 

Aquí queda o vídeo da xornada

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome