CRÓNICA da 1ª xornada LNB NOROESTE 8 SETEMBRO 2019 Proame A LARACHA

0
433

Os equipos presentaron as súas novidades para esta temporada. Sen dúbida, APB Santa Marta foi quen deslumbrou coas novas “ZAPATILLAS PRINCESA, boas para a billarda, boas para a sobremesa”. Roi foi o encargado de probalas en competición. Visto o resultado das Princesa, pensamos que para a vindeira xornada de Eirís, todo o equipo xogará con ese calzado. Roi foi segundo na xornada e ocupa a quinta posición na Xeral. Ademais de estar a piques de conseguir o primeiro triunfo, usando este calzado adaptado a calquera terreo de xogo, tampouco se comportou mal á hora de deglutir o churrasco. Polo tanto, marabilloso acerto na elección do calzado, pero non podemos dicir o mesmo do material de xogo empregado. Os paláns de APB mostraron certas debilidades. Incluso Kevin, xogador caracterizado pola súa dedicación e constancia en canto á fabricación e ao coidado do material, sufriu unha lesión incompatible coa vida, fractura de tibia e peroné na extremidade do palán.

 

 

Campo da Feira continúa co seu monopolio na clasificación e xa van 44 xornadas ininterrumpidas de liderado na LNB Noroeste. Esta temporada podería alcanzar a marca LNB, en poder de Corredoiras con 54 xornadas. Malpica-Cochiqueiros que ten como obxectivo, esta temporada, acceder á FinaLNB, tivo unha actuación máis ben mediocre e queda a 16 ptos desa segunda praza de finalista. Filloas de Sangue tivo unha das actuacións máis desastrosas da súa existencia. Apenas unha media de 8 ptos por xogador. Notou moito a mala actuación do seu xogador franquicia, Gándara. Todo o mundo se pregunta que lle pasou a Gándara… el tamén se preguntaba que lle pasou. O mestre da madeira afirmou con franqueza aos seus achegados; “pola alimentación non puido ser, xa que, onte pola noite ceei o de costume, touciño con nocilla e de postre iogur grego con viagrabífidus”.

Despois do remate da xornada, o terceiro tempo da billarda tivo a un claro vencedor, Edu García. O de Peisaco, na fase do Churrasco, dominou o seu grupo de mesa con solvencia. E na segunda fase eliminatoria de copa e postre non houbo quen metera máis licor café no varal que el. Por suposto, aínda tivo tempo para probar as Princesas de APB. Seica, vainas mercar para non facer ruído cando regresa á súa casa a altas horas da madrugada.

 

Este é o audiovisual do que sucedeu na Cheda

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome