CRÓNICA ABERTO DO FERRO 2018-10-07 A PONTENOVA

0
96

        Nunha tarde espléndida de sol e sombra, de manga curta e abrigo cerrado, celebrouse o mítico Aberto do Ferro, na Praza dos Fornos da Pontenova. Ambiente excepcional para xogar nun dos lugares con máis encanto de todos os que acollen algunha xornada da LNB. Participación magnífica de 63 persoas. Ademais, achegáronse ata a Mariña Oriental un grupo de intrépid@s xogador@s da Conferencia Noroeste, que puxeron colorido e empeño por dar unha imaxe decorosa do seu xogo, cousa que non conseguiron, salvo en contados golpes. 
        A expedición do Noroeste levaba a información de que o Aberto disputábase na Comarca da Mariña Oriental, e non era errada esa información. Non obstante, o artilleiro J. Vilas trabucouse á hora de escoller o material, pois el entendeu que, sendo na Mariña, habería que levar madeira de galeote, cousa que resultou ineficaz ante as billardas-galeras do norleste. En definitiva, como sucedera con Müezzinzade Ali Paa hai 457, tamén a flota Noroeste tivo que recoller velas e regresar. Afirma o selecciónador Noroeste, Edu García (quen enviou a flota sen goberno e agora deberá asumir responsabilidades), “aprendemos a lección: onde falta capitán, non funciona o palán“.
       
       Chousa, o Coroceiro 2016, foi o ganador da Navalla 2018. Coa súa fichaxe por Carabullo dou un salto de calidade evidente, pois os resultados así o confirman. Escribe o seu nome no Alboio da Fama da LNB como ganador dunha xornada de liga e, ademais, sitúase como líder da Conferencia, por vez primeira na súa carreira deportiva. Sabiamos que a xogada a tres bandas, Remourelle, Ekipa e Carabullo, podía dinamitar a xerarquía absoluta que mantiña o equipo de Ribadeo desde o 2008, pero non podiamos imaxinar que fora tan rápido todo. Así, Carabullo, líder en equipos (empatado con Billardeiros, mais diante deles por maior número de vitorias en xornada), por vez primeira desde a súa fundación. Ao mesmo tempo, na clasificación individual CHOUSA e ALBINO, do equipo da Ponte de Outeiro, primeiro e segundo. 
       Realmente, estes resultados deben ter un efecto máis emotivo que efectivo, xa que, Billardeiros seguen estando a gran nivel, pero os demais equipos están comprobando que este ano poden afrontar o reto de destronalos con esperanzas fundamentadas en feitos. Enorme actuación de Remourelle baseada, sobre todo, nos 22 ptos de Muriego, quen desde que se encarga de debuxar as actas e levar o taboleiro que serve de marcador simultáneo sufriu unha metamorfose fabulosa. Custoulle render na primeira xornada de Castroverde, xa que, o innovador sistema de subxección e ancoraxe do marcador tívoo toda a noite anterior traballando no seu taller. Pero, unha vez o aparello funciona de xeito adecuado, o Leonardo Da Vinci galego-asturiano xa voa cara ás Finais LNB 2019.
        Troitas Bravas presentou un equipo de 17 xogador@s, algo extraordinario e fantástico para a saúde da billarda. O equipo máis numeroso da Conferencia volveu a confeccionar un magnífico cadro de xogadores e xogadoras. Agora deberán refrendar esta participación noutras xornadas. Se conseguen isto, pensamos que van estar loitando polo título, pois están a 4 ptos dos líderes e 10 ptos por diante de Chaínzos-CadavalBillarda Verde e Polka Miseria estiveron nos seus números, tendo en conta que son os equipos con menos xogador@s. Non obstante, o equipo verde trouxo unha nova palanadora, María, algo fenomenal para a billarda! Manu e Sara continúan co seu compromiso coa LNB, amais, de estar obtendo uns moi bos resultados. El está dentro dos finalistas LNB e Sara está no podio da categoría feminina.

       

CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 CHOUSA CARABULLO PONTE DE OUTEIRO
2 MARKYTOS BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
3 MURIEGO REMOURELLE BULLS REMOURELLE
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 GENI BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
2 PAULA CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO DE REI
3 SARA POLKA MISERIA POL
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 MANU CALDEIRO CARABULLO PONTE DE OUTEIRO
MARIÑA TROITAS BRAVAS A PONTENOVA
MARTÍN TROITAS BRAVAS A PONTENOVA
CATEGORÍA EQUIPOS
CARABULLO PONTE DE OUTEIRO
BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
TROITAS BRAVAS A PONTENOVA

Equipos Total 1 2
CARABULLO PONTE DE OUTEIRO CAR 149 67 82
BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO BIL 149 67 82
TROITAS BRAVAS A PONTENOVA TRA 145 70 75
CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO DE REI CHA 135 72 63
REMOURELLE BULLS BARREIROS REM 110 45 65
BILLARDA VERDE CASTROVERDE BVE 92 57 35
POLKA MISERIA POL POL 54 27 27

ABSOLUTA EQU TOT 1 2
1 CHOUSA CAR 43 19 24
2 ALBINO CAR 42 23 19
3 DANIEL BIL 39 18 21
4 PEPE OUTEIRO CHA 38 18 20
5 MANU POZO BIL 37 16 21
6 SACHAS TRA 37 16 21
7 MARKYTOS BIL 36 14 22
8 CORTÓN CHA 35 20 15
10 PAULA CHA 34 17 17
9 NOÉ TRA 34 17 17
12 REGUEIRO TRA 34 18 16
11 MANU POL 34 20 14
14 SUSO COEDO BIL 33 19 14
13 DAVID NAVALLO TRA 33 19 14
15 ISMAEL CAR 32 13 19
16 JORGE REM 32 14 18
17 GENI BIL 30 12 18
18 MURIEGO REM 29 7 22
19 MANOLO TRA 28 11 17
20 IVÁN ALONSO BVE 27 9 18

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome