CRÓNICA Aberto de Manzaneda 22 agosto

0
231

Despois dos últimos Abertos por terras de Trives e Caldelas, as conclusións son claras e concisas, a billarda ten practicantes na provincia de Ourense, e a necesidade de crear unha Conferencia LNB é meridiana. Ademais, estes practicantes son de diferentes idades e condicións, o que fala en voz alta, do arraigo deste deporte tradicional nestas comarcas e en toda a provincia.

O Aberto de Manzaneda contou coa actuación estelar de Lito Prado, un educador social que leva moitos anos traballando como técnico de cultura no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e que podemos considerar e consideramos como o maior experto mundial no eido da divulgación e ensino do patrimonio lúdico da provincia ourensá,  Pois ben, Lito, educador, divulgador, investigador e barriés de nacemento, está sendo profeta na súa terra, e debería ser candidato a patrimonio da humanidade no apartado de Lingua e Cultura de Ourense. Participou no Aberto de Manzaneda con moi boa técnica, pero con pouca eficacia. Ao quedar eliminado na primeira fase, tivo tempo para reflexionar sobre a vida e as castañas, sobre o cooperativismo e a amizade, sobre a billarda e a porca… En fin, aínda non regresou a Ourense desde o xoves pasado, seica se liou nun par ou máis de tabernas de Manzaneda e …

O Aberto tivo competidores de moita calidade… humana, da outra… pssssse, psssse… o equipo da Marea Verde de Manzaneda, con Roi como ganador e Pablo como segundo clasificado, mostrou o seu poderío e confirma que están preparadas e preparados para afrontar o reto de competir na futura Conferencia LNB Ribaira Sacra e representar a Ourense na FinaLNB 2020. Estas fotos e o audiovisual dan mostra destas afirmación.

Don Juan, primeira xeración, practicando billarda desde mediados do século XX

 

 

Segunda e terceira xeración de practicante de San Xoán de Río, herdeiros de Don Juan.
ROI, campión do Aberto
LORENZO, magnífica e estetica imaxe de golpeo

 

 

A MAREA VERDE. O futuro equipo de billarda de Manzaneda. Tod@s nacid@s no século XXI

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome