CRÓNICA 6ª XORNADA NOROESTE A LARACHA

0
82

INSOPAL  (Innovador Sistema de Soporte da pancarta LNB). 
       A Conferencia Noroeste segue na vangarda I+D+I. Desenvolvendo un proxecto tecnolóxico iniciado no Play Off 2017, acaban de conseguir a patente dun novo sistema para suxeitar o Logo da LNB sen necesidade de medios materiais. “Onde estea un bo recurso humano que se aparten paredes ou vallados”, afirmaba Xulio Ponte. Vemos na foto a Juan Carlos, pola esquerda, Julio Vilas, polo centro e Enrique, pola dereita, pois finalmente houbo que poñer a alguén neste lugar diestro, aínda que os primeiros borradores do proxecto establecían que o artiluxio non podía ter soporte pola dereita, só polo centro e esquerda. Agora, só esperan que a LNB acepte a implantación do INSOPAL no Play Off 2018.

      A xornada 6ª xogada na Laracha volve a poñer a cada palanador e palanadora no seu sitio. 

CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
COLLAZO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
OSCAR PONTE CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
EDU CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
MARIÑA MALPICA MALPICA
AURELIA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
MARC CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
FELIX CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO
CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
APB SANTA MARTA A LARACHA
MALPICA MALPICA

PODIO 

      De novo, impúxose Collazo, nunha final a tres de gran nivel, pois estiveron o primeiro da xeral, Collazo, o segundo da xeral, Edu, e Oscar Ponte, que levaba dúas xornadas ganadas. O cemento do aparcadoiro da biblioteca da Laracha non dou opcións a Edu, quen non puntuou nas dúas primeiras carreiras desta final. Oscar mantívose en cabeza ao final da segunda carreira e a falta de terceira e definitiva carreira tiña na súa man a vitoria. Collazo empezou demoledor e na primeira carreira fixo un varado con ese antebrazo de diamante. Pero, na segunda non puntuou. Daquela, todo quedaba para a última carreira, na que a presión, o asfalto, o sol e, sobre todo, a proximidade de tanto libro con final predicible, fixo que o bolchevique de Paiosaco, excelente coñecedor da doutrina markxista, encontrara a novela axeitada antes que os seus dous compañeiros de equipo e rivais nesta final. Na categoría feminina, ganou Merche por diante de Mariña e Aurelia. Esta categoría estase consolidando cunha participación media de 6 mulleres, algo que non sucedera antes nesta conferencia. Igual está sucedendo na categoría infantil que cunha media de 5 está consolidando un grupo de nenos e nenas que serán o futuro do Noroeste. Ganou Abel, por diante de Marc e de Félix, nun desempate moi emocionante, pois os tres conseguiron 11 ptos na fase de grupos. 
COLLAZO (Campo da Feira-Paiosaco)
MERCHE (APB Santa Marta- A Laracha)

   

MARIÑA (Malpica)

JUAN CARLOS (Campo da Feira- Paiosaco)

DILAN (APB Santa Marta- A Laracha)

EDU (Campo da Feira- Paiosaco)

LOIS FONTÁN (Decano da Noroeste) Filloas de Sangue- A Coruña

        A clasificación individual absoluta segue encabezada por CollazoEdu está segundo a 34 ptos do líder, polo tanto, cremos que o obxectivo do deportivista vai ser manter o posto de podio, xa que, Lito, unha das agradables sorpresas desta temporada, situouse a 10 ptos del. GándaraRoi Andrade chegaron aos 90 ptos e tamén ameazan o podio. CarlosXulioDilan Juan Carlos están en prazas de Play Off, mais están tan preto dos seus perseguidores, que deberán defendelas con madeira e pulso. ApóstoloOscar PonteViqueira Berdillo de seguro van ter xornadas para entrar nese lugar tan desexado. 

     Na categoría de equipos, cada xornada o buraco entre os dous primeiros clasificados, Campo da Feira e APB Santa Marta, e o resto dos equipos faise máis grande. Apenas, Filloas de Sangue conseguen ter 46 puntos de media por xornada, cando os dous grandes están en 77 e 57 respectivamente. 39 de media ten Malpica e 27 Cochiqueiros. Ou sexa, coas estatísticas na man o que podemos concluír é que segundo pasen as xornadas a distancia aumentará entre os dous equipos en praza Play Off  e oo outros. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome