CRÓNICA 4ª XOR NOROESTE

0
136
PARTICIPACIÓN
27
5 MULLERES
22 HOMES
21 VARADOS

Un anaco de océano atlántico, o que baña CAIÓN (LARACHA), foi testemuña da celebración da 4ª xornada da Conferencia Noroeste. A semente da LNB prende na LARACHA. Os Billardeiros da Laracha xa teñen equipo satélite, Billardeiros da Laracha B. Parabéns.

Falando dos datos da xornada dicir que despois de moito tempo volve haber un líder nativo. Desde que Roi (FIL) fora campión na temporada 2011-2012, ningún outro palanador nin palanadora orixinario do Noroeste fora líder, sequera durante algunha xornada. Tivo que ser Pepe Collazo (LAR) o que calmara a sede da Conferencia. Despois de atravesar o deserto volven os palanadores da Costa da Morte a fortalecer a Conferencia Noroeste. 
Ademais, por vez primeira desde a creación da conferencia FILLOAS DE SANGUE está fóra dos postos que dan dereito ao PLAY OFF NACIONAL. Salientar que os BILLARDEIROS DA LARACHA encabezan a clasificación de equipos por vez primeira desde a súa creación. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome