CRÓNICA 16 xornada CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

0
111

       Foron 101 @s inscrit@os para a xornada 16 celebrada en Cambados. Finalmente, xogaron 98, pois houbo tres ausencias por diversos motivos. Esta cifra é a segunda máis alta de toda a historia da Conferencia Rías Baixas. Ben certo que para chegar a esta cifra axudou a participación dunha representación da Conferencia irmá do Noroeste (10 xogadores e 1 xogadora). 
       Pois ben, por se isto non fora pouco houbo outro feito que ten que quedar reflectido nesta crónica. Dúas mulleres, unha delas en idade infantil e outra unha xogadora que tan só ten 3 xornadas disputadas no seu historial deportivo, estiveron en semifinais da xornada. Isto confirma que darlle duro á billarda é cuestión de gónadas. “Os xenitais están moi sobrevalorados”, afirmaba a delegada de Armadiña ao final.
       Adriana de Valpaços Terra Quente de Vigo, que está no seu último curso de infantil na LNB, acariciou o triunfo na xornada. Quedou segunda detrás do líder da Conferencia, Xan. Terceiro foi Álvaro Pai, que pertence a outro dos colectivos de máis valor do mundo da billarda, ao colectivo das persoas que xogaron billarda na súa infancia e despois de moitos anos escuros sen poder xogar recuperaron a súa práctica grazas ao nacemento da LNB.
        Sani foi a sorpresa máis agradable da xornada, pois a súa destacada actuación serve para animar a outras persoas principiantes a coller o palán. 
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1 XAN RODIÑO LÚA DE FORZA SANXENXO
2 ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
3 ÁLVARO PAI GHARABOTO MARÍN




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1 SANI ARMADIÑA POIO
2 BEGO CORREDOIRAS BUEU
3 ELENA SABARÍS ARMADIÑA POIO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1 JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
2 ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
3 XIÁN LÚA DE FORZA SANXENXO





CATEGORÍA EQUIPOS


GHARABOTO MARÍN

LÚA DE FORZA SANXENXO

RINOCERONTE PONTEVEDRA
       
       

       A falta de dúas xornadas dous títulos xa están decididos de xeito matemático. Categoría Feminina e Categoría Infantil. Repetirán título, Bego de Corredoiras (Bueu) e Juanma Camiña de Lúa de Forza (Sanxenxo), as outras tres categorías están practicamente decididas tamén, aínda que non dunha maneira matemática. Haberá que esperar á xornada de Bueu. Todo fai indicar que na Categoría de Equipos repetirá Corredoiras de Bueu, na Categoría de Varados e na Categoría Absoluta tamén repetirá Xan Rodiño. 
       Nas prazas de Final LNB 2018 é onde está o miolo. Haberá que estar moi atent@s a que non haxa ordes de equipo para beneficiar a compañeir@s que poidan perxudicar o xogo limpo, xa que aquelas e aqueles que non se xoguen nada poden verse na tentación de usar artimañas que non son propias da xente das Rías Baixas. De todos os xeitos, haberá supervisor@s externos que velarán e certificarán os hábitos saudables de competición.

Campo da Feira (Paiosaco)

Lois Fontán, historia da LNB

Gándara trouxo as súas innovacións xa patentadas. Palán e banqueta, “O PALANQUETA”.
Alexis e Xián, biberóns e billarda

Begoña, outro exemplar da fábrica de conservas de Armadiña

Zaira volve a entrar nas prazas de finalista

Yaiza Fdez debutou e divertiuse

Abuín regresou 

Álvaro

Cris 

Fari 

Andrade quedou abraiado con tanta xente

Billarda século XXI

Luís Camiña o xúbilo da xubilación

Dous valores enormes da billarda, as mulleres e @s nen@s. “Super Hugo”

Gelín, a música no palán

Machi enviando a billarda ao aparcadoiro
       A implicación da Concellaría de Cultura do Concello de Cambados conseguíu que os medios de comunicación se fixeran eco da xornada da LNB. Anunciaron o evento e despois cubriron o mesmo. A verdade é que o público que presenciou a actuación d@s mellores palandor@s da provincia de Pontevedra e parte da provincia da Coruña foi o máis numeroso que teñamos visto. Axudou moito que os visitantes de Cambados se encontraran este espectáculo no corazón da praza de Fefiñáns. 
       Un grupo de persoas de Cataluña tivo a enorme fortuna de ver voar varias billardas sobre as súas cabezas e como cousa de encantamento foi polo aire foi polo vento, e non mancou a ninguén. É fantástico o que nos respectan os deuses galegos das árbores e que impidan que a súa madeira se converta en arma letal.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome