CRÓNICA 14 XORNADA NOROESTE MALPICA

0
206

     

       A xornada 14 da Conferencia Noroeste celebrada en Malpica quedará para a historia por varios feitos salientables. O primeiro é que se estableceu unha marca de participación nunca antes vista na provincia coruñesa (60 xogador@s). O segundo feito é que 20 destes participantes foron mulleres, cifra que só está ao alcance das conferencias do sur do país (Conferencia Sur, no seu momento e Conferencia Rías Baixas, na actualidade). Por vez primeira e sen que serva de precedente, houbo tres premios en cada unha das categorías individuais (artesanía de Buño). E como calquera xornada deportiva que queira pasar ás hemerotecas, tamén houbo polémica da boa sobre a herba artificial de Pedra Queimada. Polémica que oculta a prensa local, pero que todolnb non pode obviar. 
      A menos de 20 días das Finais Nacionais, esta xornada valeu para comprobar o estado de forma co que chegan as dúas Conferencias Atlánticas. Os resultados están aí e non imos ser nós quen os interpreten e valoren. O que si se queremos redactar son as palabras que se escoitaron ao finalizar a xornada: “Poñemos ás Illas Sisargas como testemuña, poñemos ás Illas Sisargas como testemuña… nunca máis pasaremos fame… A coroza será nosa! A Coroza será nosa! A Coroza será nosa!”.

       A polémica veu da man da loxística informática que se utiliza na Conferencia herculina para sumar os puntos das actas. Folla de libreta e boli bic punta normal son as últimas tecnoloxías adquiridas pola Conferencia Noroeste. O que sucedeu é que algún dos microchips que activa a tinta do boli fallou e houbo unha suma mal realizada. O perxudicado foi Julio Vilas, pero o seu equipo detectou rapidamente o problema e presentou os documentos acreditativos de tal cuestión. Abaixo aparecen estes documentos. En definitiva, solucionado. Outro patinazo foi o de situar a Armadiña no terceiro posto do podio. Isto tamén foi detectado a tempo. 

       Grazas ás excelentes fotos de Salvador Santos e Luz Fontán podemos mostrarvos secuencias inauditas e fabulosas. Instantáneas que afirman o potencial estético deste deporte marabilloso da billarda. 
WILD FRAN demostra, con esta incrible estirada, que nun tempo pasado foi porteiro de fútbol
       Os resultados da xornada foron os seguintes:
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1 RICAR CORREDOIRAS BUEU
2 CHO ARMADIÑA POIO
3 JUAN CARLOS CAMPO DA FEIRA PAIOSACO




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1 BEGO CORREDOIRAS BUEU
2 MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
3 MACHI ARMADIÑA POIO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1 ÓSCAR CALDAS ARMADIÑA POIO
2 MIGUEL CANCELA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
3 ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO

2 CORREDOIRAS BUEU

3 APB SANTA MARTA A LARACHA
2º-CHO    1º-RICAR     3º-JUAN CARLOS
     A falta dunha xornada, só quedan por decidir dúas prazas de finalista, que neste momento teñen Dilan e Andrade, pero ás que aínda teñen posibilidades de optar Apóstolo, Julio Vilas e Óscar Ponte. Na categoría de Varados 6 xogadores deberán desempatar, se ningún deles consegue varado na última xornada. Son Óscar Ponte, Gándara, Edu, Julio Vilas, Juan Carlos e Lito. Todo o demais está decidido. Campión Absoluto, Collazo, Campión de Varados, Collazo (tería que suceder que chovese e se tivese que xogar en pavillón para que alguén o alcanzase), Camioa Feminina, Merche e Campión por Equipos, Campo da Feira. 
      Tamén, na última xornada pode suceder que Campo da Feira consiga ganar todas as xornadas de liga, se o fai en Ponteceso. Non obstante, o emocionante vai estar neses grupos onde teñan que xogar Dilan, Andrade, Apóstolo, Julio Vilas e Óscar Ponte. As estratexias de equipo non son válidas con este sistema de competición, polo tanto, todo estará en mans dos palanadores. 
Merche (APB SANTA MARTA) e o seu clon feito polo mestre artesán GÁNDARA
A BILLARDA DO SÉCULO XXI
ABEL PONTE

ALEXIS MAQUIEIRA

ÁNGEL ESPERÓN

CARMELA PENA

JULIA MATO

MARIÑA PENA

ÓSCAR CALDAS
MIGUEL CANCELA
AINHOA ARMADIÑA

A BILLARDA DO SÉCULO XX
CHARRI

AURELIA

ÁLVARO PAI

ENRIQUE

GÁNDARA

LU

MANU

XULIO PONTE

ROBERTO GÁNDARA

ERNESTO

JULIO VILAS SORPRENDIDO cando lle dixeron que 1+1+4+1+1 son7

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome