CRÓNICA 13 XORNADA AS ENCROBAS CERCEDA

0
120

       Os ganadores na xornada de Pontoxo (Encrobas-Cerceda) á beira da escultura conmemorativa da loita da xente das Encrobas na defensa dos seus dereitos e dun crego que se fixo civil, Moncho Valcarce, para camiñar ao seu lado.

CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1 ÓSCAR PONTE CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 LITO MALPICA MALPICA
3 BERDILLO COCHIQUEIROS CERCEDA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1 MARIÑA MALPICA MALPICA
2 MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
3 AURELIA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1 ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 ÓSCAR GARCÍA COCHIQUEIROS CERCEDA
3 MIGUEL CANCELA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO

2 MALPICA MALPICA

3 APB SANTA MARTA A LARACHA
        Para que vexades o imprevisible que é este deporte da billarda, Óscar Ponte foi o ganador da xornada coa menor puntuación de todas as xornadas disputadas ata o de agora, con este sistema. Que significa isto? Pois que, aínda que non teñas boas sensacións nas primeiras carreiras e non puntúes, debes continuar golpeando con ánimo e alegría, dúas das características deste fabuloso palanador de Paiosaco. Todo é ocupar os postos que che dan dereito a xogar a fase de grupos e despois acertar neses momentos decisivos. O mesmo que sucede nas Finais Nacionais. 
Outro tellado que se veu intimidado pola aterraxe dunha billarda
O artilleiro JR 3000 facendo unha inspiración co aire puro do Pontoxo

Mato e con el todo o equipo de Malpica tivo unha actuación extraordinaria

Lito, un talento innato para golpear billardas

Berdillo, un clásico que volveu a subir ao podio. Coméntase que esta actuación pode ser clave para que sexa convocado polo seleccionador para representar á LNB no torneo internacional de Pandolo en Slovenia, do 1 ao 4 de xuño.

Gándara lucindo o azul atlántico da camisola.

       Campo da Feira pode rematar a temporada invicto, pois de momento ganou as 13 xornadas e faltan 2. Esta proeza non foi conseguida por ningún equipo en ningunha das Conferencias LNB. As dúas prazas para xogar a Final Nacional 2018 son para Campo da Feira e APB Santa Marta.

        Collazo será campión, matemáticamente falando, se consegue 8 ptos na xornada de Malpica. As outras dúas prazas de podio disputaranas Gándara, Edu, Xulio e Lito, con vantaxe para os dous primeiros. Hai dúas prazas de finalista, a 8ª e 9ª, que aínda non están decididas. A falta de dúas xornadas ocupan estas posicións Andrade e Julio Vilas, pero hai outros dous xogadores empatados con este último. Ademais, está Óscar Ponte a 10 ptos desa última praza. Daquela, as estratexias de equipo serán utilizadas nas últimas xornadas?
       O que está claro é que a ausencia de Dilan dou un chimpo ás posibilidades de APB de meter a tres finalistas. Pensamos que Roi ten segura a súa participación e o resto deberán loitar por cada puntiño. Campo da Feira meterá a Collazo, Edu, Xulio e Juan Carlos. Filloas clasificará a Gándara e Andrade terá que golpear ata o último momento. Malpica levará a Lito.
       Pero, ollo que a vindeira xornada de Malpica está ameazada coa invasión desta vila da Costa da Morte polas dornas das Rías Baixas cheas de palanador@s de fortuna, que o único que buscan é rebentar paláns, destrozar tellados e esnaquizar billardas. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome