CRÓNICA 12 XORNADA NOROESTE

0
162
       A xornada 12 da Conferencia Noroeste, programada para xogarse na Silva (Cerceda), finalmente trasladouse a Castenda da Torre (Tordoia), onde dispoñen dun pavillón de última xeración con teito retráctil, que favorece a formación dunha temperatura excelente para a cría do pingüín. En definitiva, unha magnífica xornada que puxo a proba a fortaleza da raza galega.

   

      A superficie impermeable provocou estéticas imaxes do golpeo da billarda. Mirade nas fotos de abaixo como os fantásticos espadachíns do noroeste buscan a billarda no aire de Castenda.
    Iso si, algún destacado palanador e palanadora da Conferencia Rías Baixas, que asistiron á xornada, quedaron asombrados polo obstáculo metálico (véxase a caseta de obra de detrás) que a organización instalou na pista para dar soporte ao sistema VAR. Desde a caseta, un xuíz único estivo controlando os monitores de televisión por se se producía algunha xogada de dubidosa interpretación. Impresionante os avances loxísticos desta Conferencia. Pavillón de última xeración e sistema de Vídeo Arbritraxe.

   

      No aspecto competitivo, Collazo ganou a xornada, nunha final emocionantisima contra o maior talento infantil da LNB, Juanma Camiña. Bego ganou en Feminina e Abel en infantil.


  

      Agora as clasificacións quedan deste xeito. Nada por decidir na Categoría de Equipos. Serán Campo da Feira e APB Santa Marta quen acudan á Final LNB 2018. Na categoría Individual Absoluta as cousas complícanse para Dilan e Andrade e aumentan as esperanzas de Apóstolo e Julio Vilas. Incluso Óscar Ponte pode ter algunha mínima posibilidade. Polo demais, pensamos que poucos cambios se van dar nas 3 últimas xornadas. O título é de Collazo e as outras dúas prazas de podio estarán entre Gándara, Edu e Xulio Ponte.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome