CRÓNICA 12 XOR LNB NOR A Laracha

0
331

Sucedeu de novo na Conferencia Noroeste. Se na oitava xornada, Cotelo o Normalizador (“escóitote e normalízote” é o seu lema) ganou a primeira xornada LNB da súa traxectoria deportiva, nesta xornada doceava da Laracha, foi Enrique I o Tenaz quen inscribiu o seu nome no ALFA (Alboio da Fama) da LNB como ganador dunha xornada LNB.

 

 

Campo da Feira bateu a marca de xornadas consecutivas como líder e vai camiño de deixala, polo menos, en 61 ao final da temporada, xa que, non vai ter quen se acerque aos seus ptos ata o remate. APB foi o equipo animador da xornada, tendo en conta que MAC presentou unicamente 3 xogadores. Deste xeito, o equipo da Laracha conseguiu superar ao equipo frankestein en 19 ptos. Agora, a franquía do Rey Vilas ocupa praza de finalista LNB 2020.

 

O éxito do equipo estivo fundamentado na boa preparación que tivo o equipo durante a semana previa.

Vemos nesta foto ao mecenas de APB días antes da xornada 12 acondicionando o seu corpo e o seu brazo para soportar o esforzo físico tan esixente dunha mañá de billarda.

Ademais, Vilas está decidido a facerse con esta nova vestimenta deportiva para a fase definitiva das xornadas de primavera. Asegura que o traxe de choqueiro adáptase á anatomía dos corpos do seu equipo e amais é incompatible con fallar algún golpe.

 

 

Por outra beira, tamén queremos comentar algo sobre a nova incorporación de inverno do equipo. Riveiro foi unha aposta do propio Vilas, quen exerceu de mentor e conselleiro espiritual para convencelo. Os resultados de Riveiro non estaban sendo bos, algo previsible para un recén chegado á alta competición. Non obstante, o domingo na Laracha, Riveiro presentou a súa nova billarda, FURAFOLLAS, e como se fose un tapón dunha botella de riveiro que saíse con moita forza, Furafollas esfuracou o varal por cinco veces. Tal foi a sorpresa do seu rendemento que non semellaba Riveiro, senón un ser doutro planeta. O seu alcume xa está circulando polas redes sociais Riveiro o Extraterrestre (o único viño que non é deste planeta).

 

A caída na xeral de MAC puido ser moito maior, pero, a fantástica actuación de Berdillo impediu unha maior sangría de ptos. Para mostra este vídeo no cal Berdi saca un golpe salvador no seu cruce de cuartos contra Charly, desde unha posición case…imposible.

 

Xogadores de APB demostrando que hai que contar con este equipo a pesar de todo.

 

Filloas de Sangue presentou aos seus 4 tenores e evitaron a última praza da xornada.

 

Agora, a clasificación xeral queda de tal maneira que podemos establecer varias zonas nas cales ten sentido falar de drama, de traxedia ou de comedia. Hai dúas zonas tranquilas, a zona das persoas que teñen case asegurado o seu posto de finalista e aquelas que teñen case imposible acceder a unha praza de finalista. As outras dúas zonas son de rezo e sufrimento. Mais, ollo que calquera circunstancia pode alterar esta estrutura. Ausencia a algunha xornada, actuación nefasta en algunha xornada e, incluso, algunha renuncia por forza maior das persoas que teñan praza … ou lesión, enfermidade, accidente… Daquela, hai que quedar o máis arriba posible.

 

Temos información sobre o cadro de xogador@s de cada equipo e a media de participación. A evidencia di que FEI ten o dobre de xogador@s que MAC, o segundo en número de xogadr@s, e máis do dobre en media de xogadores. A igualdade na clasificación entre APB e MAC, tamén o é en canto a número de xogador@s e media de xogador@s por xornada. Filloas ten unha participación media unhas décimas por enriba de 4, o mínimo de xogador@s que puntúan para o equipo.

En definitiva, o que se pode intuír con bastante compracencia é que a loita cruenta entre os equipos proletarios da LNB NOR vai facer correr regatos de tinta sobre a terra de Bergantiños.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome