COTELO xuíz de billarda

0
367

 

Canto nos alegramos de ter novas de Cotelo, o primeiro caso na LNB dun árbitro sancionado a 3 meses sen arbitrar. Temos as suas mensaxes de whatsApp desde o lugar de reclusión na Clinica de rehabilitación de APB, nun lugar oculto da Laracha.

Vemos a mensaxe emotiva e solidaria que Collazo lle dirixe ao xogador de APB. Tod@s somos Cotelo.

 

Xa temos as primeiras imaxes de Cotelo nas súas sesións de rehabilitación. Pero, antes de continuar hai que contextualizar para quen non saiba que pasou con Cotelo. Pois ben, Cotelo é unha persoa moi voluntariosa e colaborativa, entón, púxose a arbitrar en varias xornadas. Inesperadamente, tivo varios problemas en xogadas nasq que había que interpretar o regulamento e noutras que era cuestión de vista. Que se a billarda foi fóra, que se foi dentro, que petou no campo antes de saír, que que se fai neste caso, repetir o golpe?… En fin, o seu curto coñecemento do regulamento e a súa escasa firmeza na toma de decisións chegou a ser imprudente para manter a orde pública nos campos de billarda. Daquela, a LNB, nunha decisión lóxica tivo que retirarlle a licenza de Xuíz de campo durante 3 mes. Para recuperar o permiso para arbitrar deberá realizar unhas sesións de rehabilitación. As fotos de abaixo mostran que Cotelo está seguindo con aproveitamento o plan de reciclaxe psicoemocional e tecnicofísico. Ánimo Cotelo ! A billarda precisa de homes coma ti.

Primeiro tivo que pasar uns controis oculares para corrixir as deficiencias visuais. Non había remedio… lentes !

Despois viñeron os cursos teóricos de actualización das regras básicas da billarda. E, finalmente, este é o resultado… Cotelo aprende o modelo innovador de arbitraxe LNB 5.0 que será obrigatorio na temporada LNB do Xacobeo 2020-2021.

DENTRO
BANDA
FÓRA

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome