COTELO “O TIZÓN DE NADAL” fai historia no Castelo (Culleredo)

0
373

A xornada de Castelo (Culleredo) serviu para que Cotelo entrara no ALFA (Alboio da Fama) da LNB, e fíxoo por partida dobre, por vez primeira ganou unha xornada LNB e por vez primeira o equipo da Laracha, APB, conseguíu subir ao máis alto do podio coas súas cores. Anteriormente, o equipo vermello estivera moi preto con RR, cinco veces, e co propio Cotelo, unha vez, mais resistíaselle o primeiro posto. Tivo que ser suplantando a personalidade do Apalpador cando o bravo equipo larachés lograra inmortalizar o seu nome. O vídeo da xornada tiña que ser o da final, na que o suspense que Cotelo lle dá a todos os seus golpes estivo presente unha vez máis. Ata dúas veces, con golpes relativamente doados, desaproveitou a oportunidade de ganar. Finalmente, os astros, as mareas, o solsticio e a bondade de Óscar Ponte que botou a billarda fóra cando estaba a 8 metros do varal, fixeron que Cotelo pasara de ser unha promesa da billarda a unha realidade. Certo que o golpe de Óscar estivo marcado pola negativa do xuíz de campo, RR, a que Edu usara unha radial para derrubar un soporte metálico que molestaba no golpeo do xogador de FEI (xa comprobaredes que tiña razón Araña, pois o poste impediu que Óscar golpeara con comodidade). En fin, na pista da Pulmonía é habitual que sucedan xogadas polémicas. Ademais, tiña que ser. No mesmo lugar no que Cotelo comezou o calvario que o levou a pasar pola clínica de rehabilitación de APB, definitivamente o da Laracha rexurdiu das súas cinzas como Tizón de Nadal.

 

Aquí vos quedan imaxes espectaculares das nosas deportistas, dos nosos deportistas.

UXÍA AÑÓN Campo da Feira Infantil
Antón Campo da Feira (Nova incorporación do mercado de inverno)
LANDEIRA Malpica-Cochiqueiros (Nova incorporación do mercado de inverno)
JUANCHI Lúa de Forza
LANDRAS (palanador de fortuna que busca equipo. Baralla varias ofertas. Para Aninovo anunciará, cun documento audiovisual que BIGAL publicará en exclusiva mundial, a que equipo se incorpora a partir de xaneiro).
ANXO AÑÓN Campo da Feira Infantil
COLLAZO Campo da Feira
EDU “O Home Araña de Peisaco” Campo da Feira
LITO PENA Malpica-Cochiqueiros
SILVIA Campo da Feira
Julio V, o único rei sen castelo, nin coroa… nin pazo. APB
ANDRADE Filloas de Sangue
MARC VARELA Campo da Feira Infantil
ROI APB
APALPADOR COTELO APB
Xa temos en BIGAL a foto censurada polos medios de comunicación xeralistas. Vós mesmas, vós mesmos podedes apreciar que non é para tanto. Unha mostra de cariño, amor, devezo, amizade, apetito ou como queira que se lle chame a este xesto entrañable entre Araña e Apalpa.

 

Tamén, aproveitamos para sacar estas cifras significativas sobre a media de participación e o total de xogador@s que manexa cada un dos equipos que compiten na LNB NOR. A evidencia dos números non precisa máis explicación que …

Búscase palanadora e palanador para

equipo de billarda,

interesad@s dirixirse a FIL, MAC e APB.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome