CORREDOIRAS versus LAXE DE RONS ou… como parar a CHARRI

0
183

     Se no fútbol parar a Messi é case imposible, na LNB parar a progresión de Charri estase convertindo en misión imposible. Así, algún equipo prepara métodos que rabuñan o antiregulamentario. Isto foi o que sucedeu na última xornada da Conferencia Rías Baixas coa estratexia que adoptou Laxe de Rons para frear ao de Corredoiras.
      Deste xeito, despois do acontecido en Vilaboa, 11 xornada Conferencia Rías Baixas, as reaccións non se fixeron esperar moito tempo. Para resumir os feitos diremos que Charri, o “sexsymbol” de Corredoiras, foi alcanzado por un billardazo do capitán de Laxe de Rons, Gerardo Torres. A billarda foi impactar no lugar do corpo no que máis podía afectar ao de Bueu, no beizo superior, unha das partes corporais con maior sensibilidade. Isto sucedeu nas primeiras carreiras da xornada, polo tanto, a pérdida de sangue (sobre litro e medio) de Charri foi compensada coas reservas lípidas do bravo palanador. Mais, cando chegou a carreira definitiva da final, cando chegou o golpe definitivo da final, o golpe de desempate, xa non tiña enerxía para golpear a billarda.
       Daquela, o equipo Corredoiras pide repetir esta carreira final en igualdade de condicións, pois o seu xogador estaba moi diminuído e non puido mostrar todo o seu potencial. Ademais, o equipo de Bueu sospeita que a intención de Gerardo era beneficiar ao seu compañeiro de equipo Ricardo Lois, que tamén disputou a final con Charri, Xan e Chicho. Daquela, deberemos esperar para saber se o comité de disciplina LNB admite a trámite esta reclamación ou non. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome