CORREDOIRAS profana o templo sagrado da billarda

0
522

A xornada de Poio supuxo o nacemento do PIRUCHAZO. Xa coñeciamos o BERDILLAZO, celebre golpe de Berdillo que deixou coa boca aberta a Sloven@s, Ruman@s, Italian@s e Croatas no Torneo Internacional de Pandolo, pois agora tamén podemos falar do alumbramento do PIRUCHAZO. Este golpeo ten as súas raíces nun instrumento de guerra da Idade Media, a catapulta, que lanzaba proxectís cara a un obxectivo describindo unha parábola hiperbólica.

A participación de 85 persoas fixo desta xornada a máis concurrida desta temporada. 8 equipos competiron na superficie do Estadio Nacional de Billarda da Reiboa. O vento e o sol fixeron que non se viran grandes golpes, como noutras xornadas. A participación feminina foi fantástica, con 32 mulleres. A categoría infantil tivo a 13 competidores en xogo. Estes números confirman que a palabra billarda é de xénero feminino por motivos sólidos. Desde A Laracha chegou o equipo APB coa saudable intención de asaltar o templo sagrado das Rías Baixas, pero non puido ser desta vez. Entre os 4 integrantes sumaron 20 puntiños e quedaron na última praza da xornada. De todos os xeitos, As palabras de Cotelo deron coa clave desta mediocre actuación, “a quen se lle pasou pola cabeza xogar cara ao sol? Xa tomo boa nota para non construír o noso campo de billarda (Paiosaco) en dirección leste-oeste”.

Corredoiras pasou coma un ciclón por Poio e xa se distancia en 38 ptos do segundo clasificado, Lúa de Forza. Semella que o equipo de Bueu xa colleu velocidade de cruceiro cara a outro título. Gharaboto mantivo o tipo grazas á grande actuación de Piru. Rinoceronte renaceu das súas cinzas e con Daniel como referente pasou de 60 ptos. Estes foron os únicos equipos que superaron esta cifra máxica que marca a fronteira dunha boa xornada.

Corredoiras Féminas despachou a xornada de maneira imperial e xa se sitúa no primeiro posto, por diante do gran favorito Valpaços Féminas. Ningún dos equipos chegou aos 15 ptos, excepto COR que acadou 40 ptos, coas dúas Campioas LNB Feminina que ten nas súas filas brillando coma sol de setembro.

Na clasificación Individual Absoluta, Juanma de Lúa de Forza, alcanza a primeira posición. O de Dorrón, sitúase líder cunha media de 22 ptos por xornada. Como xa fixera a temporada pasada, Juanma comeza con pulso firme e móstrase como un candidato firme ao título. Ricar está a 3 ptos do xogador de Lúa. Eles dous son os únicos cunha media superior aos 20 ptos por xornada. Piru está a 9 ptos e vén dunha xornada e dun campo no que puido sacar o seu Piruchazo. Daniel acércase ao podio e ten un punto menos que o xogador de Gharaboto.

Durante a semana continuaremos analizando os resultados desta xornada, pero os equipos xa están pensando na vindeira fin de semana, 5 outubro, xa que haberá xornada en Xil-Meaño. Aquí quedan algunha das instantáneas da xornada na mirada cómplice de Charri.

SALGUE
NEREA
CARLOS
YU
VALPAÇOS TERRA QUENTE
CHO
BEGO RÍOS
DANIEL
GONZALO

 

ILLI primeira fase do golpe de canguro, chamado CANGURAZO
ILLI segunda fase do golpe de canguro, o “CANGURAZO”
JULITO VILAS
COTELO

Nestas dúas últimas fotos vense as similitudes no xeito de golpear. Son rasgos da escola de billarda da Comarca de Bergantiños.

 

Aquí vos queda un audiovisual dos momentos previos ao comezo dunha xornada LNB. Cada quen ten os seus ritos e ceremonias para conseguir a concentración necesaria.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome