Corredoiras funde os fusibles e gana a xornada

0
387

Ao xogar de local, Gharaboto tiña a obrigación de loitar pola vitoria e ben que o fixo con 5 xogadores que acadaron 20 ou máis ptos. Pero non foron suficientes os 84 ptos alcanzados, xa que, Corredoiras de Bueu apagou o brillo do equipo de Marín con 95 ptos, a máis alta puntuación do que levamos de temporada. Terceiro, a máis de 20 ptos de Gharaboto, e facendo honor ao lugar onde se xogou, A Laxe, foi Laxe de Rons do Grove. O equipo grovense leva dúas xornadas moi boas e acércase á cuarta praza da xeral. Despois quedaron, Valpaços, Armadiña, Lúa de Forza e Campo da Feira, equipo de Paiosaco, que fixo o que puido. Na última posición e en clara tendencia descendente Rinoceronte de Pontevedra. Na categoría de equipos féminas, dominou o equipo local con enorme diferencia sobre Armadiña e Valpaços. Tal foi así, que o equipo marinense saltou da terceira posición da xeral ao liderado.

Nas categorías individuais, Beni de Corredoiras alzouse co triunfo nunha final con Xan Rodiño, Enrique e Collazo. Estes dous xogadores de Campo da Feira, equipo da Conferencia Noroeste, lograron chegar ata a final e se non chega a ser por unha xogada a todas luces polémica, a estas horas poderiamos estar falando do primeiro triunfo dun xogador Noroeste. De todos os xeitos, Beni, o “home tranquilo de Resille”, aproveitou o apagón das luces do pavillón para sacar os seus mellores golpes. Na individual feminina Elena González tivo unha actuación excepcional, segunda foi Bego Ríos, con outra magnífica puntuación e terceira foi Elena Sabarís, quen semella ter recuperado o golpeo que a convertira nunha das xoias de Armadiña. En Infantil Hugo foi o ganador, seguido de Óscar Caldas e de Nerea.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome