COPA CANTÁBRICA… ou como FLORES PIDE PERDÓN ao pobo galego

0
104
       O resultado da XII edición da Copa Cantábrica inicia unha crise sen precedentes na LNB. TodolnbLis descubre os por ques desta derrota inesperada e incomprensible para a maioría de seareir@s da LNB. Desde o 2012, a Auténtica non sufría unha derrota en terras asturianas. Debaixo destas liñas podedes ler a narración que fixo daquel feito a CNL (Conseyu Nacional de Liriu).
     
      Pois ben, naquela ocasión o posto de seleccionador non foi posto en dúbida, xa que, Manolo Flores posuía un fabuloso historial de títulos. Ademais, fixera a mellor selección posible e o ambiente no grupo era excelente. Logo, que cambiou nesta recente derrota para dubidar da valía de Flores. Pois ben, son varios os argumentos que manexan as voces críticas coa actuación do seleccionador de Reinante. Primeiro, por que non houbo ningún palanador ou palanadora da Terra Chá entre os compoñentes da Auténtica? Segundo, que sucedeu nos vestiarios con Sachas, Daniel e Xermán? Terceiro, por que non se tramitou a tempo a nacionalización de David Navallo? Cuarto, quen autorizou que Sachas non vestise a zamarra da Auténtica no podio?
     Certo, non é doado o papel de Flores, pois, debe xestionar os Egos de grandes palanadores que o ganaron todo…, ou non, pero o caso é que Piedras Blancas pode supoñer un antes e un despois para o seleccionador. Tendo en conta, ademais, que Flores ten sobre a mesa a oferta de Billarda Verde. Unha oferta que o levaría ata Castroverde para un proxecto moi ambicioso. Formar un equipo campión en catro anos, a cambio de casa, prado e horta libre de pesticidas.
      Para acabar, xa se presentou a documentación para solicitar a dobre nacionalidade Astur-Galaica para o Pitu, para o Coello… e para David Navallo?

Estas imaxes van dedicadas aos irmáns do CNL. PARABÉNS !!!

 Eles non son responsables da actuación… da AUTÉNTICA

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome