COPA CANTÁBRICA 2019

0
417

De novo vanse ver os paláns e os lirius dous grupos de irreductibles galegasturianus en Piedras Blancas. A Copa quedou á dereita do río Eo durante un ano, pois, como correctamente dixo Flores, tampouco é cuestión de abusar!

En definitiva, mañá Flores xógase o posto de seleccionador, unha vez máis. A esixencia é máxima, xa que, a LNB non pode poñer en dúbida a súa supremacía. Ademais, cada vez soa con máis forza a opción de Franco, como relevo natural dun seleccionador que viviu os maior éxitos da Auténtica, mais que xa esgotou un ciclo e debería deixar paso ao método Difranco.

A listaxe de xogadoras e xogadores, que elaborou Flores non está ausente de críticas, moits delas moi sunbstanciadas.

Só catro equipos achegan xogador@s. Que pasa cun dos mellores equipos da LNB, Carabullo, por que ningún seleccionad@?, foron Noé e Toño os únicos responsables da derrota na epasada edición?, non é hora de contar cos novos valores de Castiñeiro Milenario?, Billarda Verde non pinta nada na Norleste ou é que Seixas continúa coa súa esixencia para que a auténtica cambie as súas cores e vista en verde?, son tantas as interrogantes…Madia Leva tamén existe, lonxe da Mariña, pero … imos deixar que os resultados condenen ou salven a Flores.

 

Hevia non fai enimigos e está preparando o convite. Os dous son os seleccionadores máis loxevos no seu cargo. Hevia volveu a convocar a NAVALLO e a MURIEGO os dous palanadores con dobre nacionalidade. Os dous son fieles á bandeira azulona e ao son da gaita asturiana. Tamén, é certo que Hevia sabe moi ben como convencelos… ganando o seu estómago.

 

A prensa asturiana xa se fixo eco do encontro. La Nueva España informa na súa edición de hoxe do acto deportivo.

Ánimo Auténtica !!!