CONFERENCIA SUR

0
154
Comeza a CONFERENCIA SUR da LNB. 1ª xornada o sábado 12 outubro en BUEU. Xa temos o sistema de competición e o calendario da CONSUR 2013-2014
 
 
 
 
CALENDARIO 2013
 
1ª XOR. 12
de Outubro en Bueu
2ª XOR. 9
de Novembro en Vigo
3ª XOR. 30
de Novembro en Cangas
4ª XOR. 14
de Decembro en Mos
 
 
CALENDARIO 2014
   No
2014 e dentro desta tempada 2013-2014, programaranse abertos en Marín, Baixo
Miño
, Salceda, Porriño e Moaña, ademáis de outros que poidan
xurdir.
   Os
abertos comezarán ás 16h do sábado. Daráselle máxima
prioridade á puntualidade. Todos os abertos comezarán á hora,
podendo xogar a xente que chegue tarde, incorporándose ao
aberto na carreira que lle corresponda. Non puntuará nas carreiras que xa se
xogaran.
 
 
 
SISTEMA DE COMPETICIÓN

 

   Faránse
4 grupos. Clasificaranse para a seguinte fase os 6 primeiros de cada un despois
de 3 carreiras. A puntuación de cada carreira irá desde 6 ptos do
primeiro clasificado ata 1 pto para o 6º, baixando un pto por
posición e quedando con 0 o resto.
Nesta fase de grupos haberá un límite de golpes de 4 (nos cruces non haberá
límite).
   Os
desempates serán sempre á billarda máis longa (a que quede máis
preto de entrar no varal dende o pto máis próximo da billarda ao
mesmo), excepto para decidir o ganador ou ganadora que será noutra carreira.
   A
saída será detrás da liña, non haberá cadro.

PUNTUACIÓNS
Ganador ou ganadora:
7 ptos
2º:
6 ptos
3º:
5 ptos
Semifinalistas:
4 ptos
Cuartofinalistas:
3 ptos
Pasar
de rolda: 2 ptos
Participar:
1 pto
Primeiros
de grupo: +2 ptos
Segundos
de grupo: +1 pto
   Na
clasificación por equipos os 4 mellores de cada un sumarán puntos.
   Ao
final de tempada cada xogador descartará para a clasificación xeral
os 2 peores resultados.
 
 
 
 
NORMAS DE COMPETICIÓN
 
 
   Antes
de que remate o ano a xente/equipos que participan en máis dunha
conferencia deberán avisar se queren clasificar para as finais
nacionais pola Sur. A clasificación individual pola conferencia Sur
implicará tamén a clasificación por varados.
Cada
palanador/a deberá asegurarse que o palán este debidamente suxeito
cunha corda.
A
billarda non se poderá calzar con ningún obxecto.
As
medidas seguirán a ser as das anteriores tempadas.
Cada
organizador de aberto decidirá se hai un árbitro ou un árbitro
máis un asistente de varal, así como se quere que haxa premios e
para que categorías.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome