CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 3ª xornada

0
109

       Xa está aquí a xornada que se celebrará no ESTADIO NACIONAL DE BILLARDA de Poio. O único, polo momento, no territorio Billarda. Este lugar da Seca, o “REIBOA BILLARDA ESTADIO”  é o símbolo do avance, lento pero seguro, da LNB cara á caseutopía de chegar con este deporte marabilloso a todos os currunchos do país. Igual que símbolo da lentitude e da constancia é o elefante, daquela, para quen consiga o primeiro varado da curta, non obstante, intensa vida do BILLARDA ESTADIO, haberá unha figura artesana dun elefante. Esta excelente obra de artesanía está valorada en… ben, realmente, non se sabe o seu valor, pero si o seu prezo, que por discreción non diremos. Sabemos que a fazaña está só ao alcance dunha persoa AFOUTA e con hercúleo brazo. As casas de apostas prognostican que o primeiro varado que se faga neste Campo Olímpico chegará polo 2050, cando a física cuántica e a bioloxía molecular teñan avanzado e as novas xeracións de galegas e galegos adquiran a fisonomía do polvo da Ría de Pontevedra. Sabedor deste prognóstico o equipo ARMADIÑA asumíu o elevado custo das pezas (que só pagará se ten que entregar o trofeo), e chámalle ELEFANTIÑA á figura que se levará quen lance a billarda máis aló de 50 metros e pase entre os postes azul e branco do varal do REIBOA BILLARDA ESTADIO.
ELEFANTIÑA

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome