CONFERENCIA NOROESTE 1ª XORNADA CRÓNICA

0
142
       Xa votou a andar a Conferencia Noroeste cunha participación excelente. Por enriba da media do ano pasado e, sobre todo, coa presenza de 7 mulleres e 5 nen@s. Magnífico o traballo de difusión que están facendo @s compañeir@s do Noroeste.
       Unha vez que se aclararon os aspectos da puntualidade coruñesa, a xornada comezou ás 11:45, máis ou menos puntual, segundo afirmaban os coruñeses de nacemento. Superados os atrancos do clima atlántico da cidade herculina , xogadores e xogadoras empezaron a golpear a madeira co entusiasmo por todo o alto. Pouco a pouco o ánimo dalgún e dalgunha foi minguando. 
       Así, con este novo sistema de puntuación podemos extraer datos moi concretos como, por exemplo, que na fase de grupos só  8 xogadores entraron en algunha carreira en 2 golpes, que só un xogador entrou no primeiro golpe nunha carreira. Tod@s @s demais necesitaron tres ou catro golpes para entrar. En definitiva, un campo esixente no que certos xogadores utilizaron apoio debaixo da billarda e outros non. 
       Os resultados da xornada confirmaron que Collazo, o Stalin de Paiosaco, segue dominando con pulso férreo a Conferencia, e xa lle saca 7 puntos ao segundo clasificado. Unha segunda posición que ocupan Andrade e Roi, dous candidatos firmes, esta temporada, a loitarlle a supremacía ao de Campo da Feira. En canto á categoría de equipos, evidentemente o equipo de Paiosaco ganou a xornada, aínda que o APB estivo cerca dos actuais campións de Conferencia. A sorpresa agradable foi a do equipo de Malpica, que quedou por diante de dúas franquicias históricas como son Filloas e Cochikeiros. Na categoría feminina aparece como futura estrela LNB Mariña, quen con 15 anos ganou a xornada, superando nin máis nin menos que á actual campiona, Merche. Na categoría infantil, o enorme Marc empezou a consolidar a súa intención de revalidar título, sempre que Abel, Carmela, Oscar García e Felix llo permitan. 
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
COLLAZO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
OSCAR PONTE CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
LITO PONTE MALPICA MALPICA
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
MARIÑA MALPICA MALPICA
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
MARC CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO
CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
APB SANTA MARTA A LARACHA
MALPICA MALPICA

       Estas foron as aliñacións dos equipos nesta primeira xornada de Eirís (A Coruña). Salientar tamén a participación do equipo da Conferencia Rías Baixas GHARABOTO. O equipo de Marín non se presentou co equipo A, pois “para ganar na Conferencia Noroeste non é necesario levar aos Top do equipo”, foron as palabras do Apalpador de Marín, tamén coñecido por Luís A. Camiña. Mais a realidade, ás veces, non se axusta ás nosas intencións e afirmacións, e esta foi unha desas ocasións. 
L CAMIÑA e CHELI  (GHARABOTO)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome