CONFERENCIA NORLESTE

0
102

       Xogadas dúas xornadas, as clasificacións están igualadas como nunca antes. En 18 ptos catro equipos, na Categoría de Equipos. En menos de 10 ptos 12 xogadores, na Categoría Individual Absoluta. O certo é que nestes primeiros postos xa están os grandes favoritos. Así, na loita polo Título de Equipos están os tres grandes da categoría e incorpórase, veremos por canto tempo, Troitas Bravas, que como local presentou unha aliñación (17 xogador@s) que só dous equipos en toda a LNB poden superar a día de hoxe: VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo) e GHARABOTO (Marín).
TROITAS BRAVAS (A Pontenova)

       Na carreira polo título de Conferencia, en canto á Categoría Absoluta, tamén, podemos dicir que están os que se esperaba que estivesen. Quizais, a presenza de Sachas como líder e a de Cortón entre os mellores, é o máis inesperado, considerando que o ano pasado acabaron fóra das prazas de Play Off. Mais, se temos en conta a progresión e potencial de ditos palanadores a ninguén lle estraña que estean aí. En definitiva, 4 de billardeiros, 3 de Carabullo, 3 de Chaínzos e 2 de Troitas Bravas correrán para alcanzar a meta de Remourelle, aló por maio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome