CONFERENCIA NORLESTE XORNADA 6 CASTRO RIBEIRAS DE LEA

0
174
Vemos en primeiro plano a un palanador (segundo as fontes da LNB semella Luís Camiña) ameazando a un grupo de seareiros antes de empezar a carreira. Ao final declarou o palanador de Marín que este grupo estivo dedicándolle palabras feas.

O terreo de xogo estaba verde e o ceo azul, branco e gris. Magnífico lugar para xogar billarda. Castro Ribeiras de Lea non tivo compaixón das previsións meteorolóxicas e ofreceu a xogadores e xogadoras un clima fenomenal.
Na sexta xornada da Conferencia Nai celebrada en Castro Ribeiras de Lea, Iván Alonso, presentou en primicia mundial un prototipo para portar o material de xogo mentres se espera a quenda de xogo. Así, non cargas a musculatura do tronco co peso de palán e billardas e, ao mesmo tempo, non deixas que o material se descargue da enerxía que o corpo humano lle proporciona, asegurou o palanador de Castroverde.






Paula (subcampioa nacional 2016) e Chousa (coroceiro nacional 2016). Segundo o Coroceiro quédalle pouco para gozar do título, pois ten case imposible a clasificación. Mais, está impulsando unha iniciativa popular para que o Coroceiro obteña praza directa para o Play Off.  Aínda ten a esperanza que o Comité de Sabi@s da LNB reflexione. Ademais, se non vai ao PLAY OFF quen levará o Santo Graal para entregar?

PARTICIPACIÓN
61

MULLERES
14
HOMES
47

CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
XAN RODIÑO LÚA DE FORZA SANXENXO
CHARLI CARABULLO CASTRO DE REI
MARKYTOS BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
GENI BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
PAULA CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO RIBEIRAS DE LEA
LOLA EIRAS POLKA MISERIA POL
CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO
CARABULLO CASTRO DE REI
BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO
CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO RIBEIRAS DE LEA

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome