CONFERENCIA NORLESTE: REMOURELLE ou Eurovisión (última xornada)

0
105
CONFERENCIA NORLESTE

        A quinta carreira do vindeiro sábado en Remourelle será a última antes de que a Comunidade Norleste se encamiñe ao Castiñeiriño (Compostela). Mais, antes de afrontar o reto de repetir Coroza LNB 2018 (algo que ninguén fixo de xeito consecutivo) deberanse resolver varias incognitas nos podios de Conferencia e nas prazas de finalista. 
      Pensamos que o título individual ten nome, Charly de Carabullo. As outras prazas de podio están no aire, pero o que podemos intuír é que Manu Pozo estará no podio, en segunda ou en terceira posición, e que Regueiro intentará alcanzar a Manu, ao mesmo tempo que terá que defenderse dos golpes de Daniel. Nas posicións de Finalista LNB haberá unha praza en xogo, a que ocupa nestes momentos David Navallo, quen avantaxa a Coedo en 7 ptos. Despois, Luís Ares e Jorge teñen algunha mínima opción, pois as matemáticas así o declaran.
      Na categoría feminina está por decidir unha praza. De momento, esta posición pertence a Lola Eiras e só Bea tería posibilidades de alcanzala, xa que, Lucía renunciou a participar na Final Feminina, no caso que conseguira esta praza.
       Na Categoría de varados hai un quintuple empate na última praza de finalista. As estatísticas dos últimos anos indican o seguinte: fanse varados, poucos, pero o cemento de Remourlle pode entregar a praza a calquera dos cinco empatados e evitar, deste xeito, un desempate final.

TEMPORADA PARTICIPACIÓN VARADOS
2016-2017 43 3
2015-2016 47 7
2014-2015 46 3
2013-2014 48 5

       Para anticipar o que pode suceder na lixa de cemento da pista de Remourelle, en canto á Categoría de Equipos, imos analizar os resultados da temporada pasada dos dous equipos que se xogan a praza que quedaría por decidir. Tendo en conta que Carabullo ten a praza practicamente asegurada, salvo catástrofe impensable, pois avantaxa a Troitas Bravas en 20 ptos. Deste xeito, se se repetise a puntuación do ano pasado, Troitas da Pontenova superarían a Chaínzos-Cadaval, dado que conseguiron 3 ptos máis que o equipo da Chaira. Actualmente, a diferenza é de 2 ptos a favor deste último equipo, e o empate sempre o favorece. Entón, 3 son os ptos que necesita o equipo troiteiro para metarse na Final LNB 2018.
   
         

         2016-2017

CHAINZOS-CADAVAL PTOS
RUBEN 18
PEPE OUTEIRO 17
LUIS ARES 17
PAULA 17
PEPE VIDAL 16
CORTON 16
TONECHO 12
LORENA 12

69

TROITAS BRAVAS PTOS
SACHAS 19
CARLOS 19
REGUEIRO 17
GUTIERREZ 17
NAVALLO 17
NOE 15
72

        Tal é a expectación que provoca esta última xornada da Conferencia Mai, que o resto das Conferencias e dos países europeos nos que se xoga á billarda (Slovenia, Rumanía, Italia, Portugal, Croacia…) solicitaron que se retransmitise en directo. A taberna de Lola (base estratéxica situada a carón da pista deportiva de Remourelle) está preparando as antenas e xeolocalizando os satélites de comunicacións para retransmitir o evento en directo. Villarino tivo que contactar varias veces coa axencia europea de telecomunicacións, pois coincide a xornada de Remourelle co Festival de Eurovisión. Finalmente, o ente europeo, con moi bo criterio, decidiu retrasar o horario de emisión do dito festival para non poñer en perigo as súas estatísticas de audiencia. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome