CONFERENCIA NORLESTE próxima xornada A PONTENOVA

0
459

Xa temos o extraordinario cartel da xornada da Pontenova. Chass terá dificultades para golpear forte á billarda, pero como mestre do deseño gráfico non ten rival en todo o país e parte de Asturies. Realmente, poderiamos titular a película que se vai vivir na Pontenova o vindeiro sábado 28 setembro, en Busca da Navalla Perdida.

Este ano, por primeira vez en xornada de liga, o terreo de xogo vai ser o Campo de fútbol da Mina. Esta decisión estratéxica de Troitas está fundamentada no rendemento do equipo na primeira xornada no campo de herba de Castroverde. A vitoria incuestionable do equipo troiteiro sobre superficie verde fixo que Gutierrez, director executivo e técnico da franquicia brancovermella, tomara a sabia decisión de volver xogar nunha superficie das mesmas características. “Este ano imos a polo título de Conferencia”, confirmounos Guti en voz alta e firme. “Penso que este tipo de terreo vainos beneficiar, xa que, a todas as nosas xogadoras e xogadores gústalles a herba“.

 

 

 

Cremos que Guti non está desnortado en canto ao potencial do equipo para esta temporada, mais neste vídeo gravado na final de Castroverde entre Sachas e Albino Mou, o eléctrico troiteiro Sachas non ofreceu a súa mellor versión. Despois, da famosa película, El Penalti más largo del Mundo, chega ás redes sociais a curtametraxe “30 golpes”, (a final de billarda máis… indixesta do mundo).

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome