CONFERENCIA NORLESTE

0
107
    

  

    Na Conferencia Mai non queren saber nada de descanso e xa teñen preparadas as billardas para a penúltima cita desta temporada. Será na herba da Carballeira de Mosteiro onde se decidirá case todo, pois nesta superficie sempre se marcan diferenzas que noutros campos é máis difícil que se dean. Sobre o coidado cespede da Carballeira de Mosteiro haberá dúas pugnas salientables. A primeira será por ver quen se acercará ao Título de Conferencia, e a segunda por saber quen se quedará sen opcións de clasificación para o Play Off Nacional do 28 de maio en Compostela. 

 

    A Categoría de Equipos está practicamente decidida. O Título vai ser para Billardeiros Musicais, que dominaron 6 das 9 xornadas, e o segundo posto, todo parece indicar que o conseguirá Carabullo, da Ponte de Outeiro, que ganou en 3 das 9 xornadas. A verdade é que estes dous equipos monopolizaron as vitorias e só Chaínzos-Cadaval foi quen de estar cerca dos dous grandes dominadores da Conferencia. A clasificación para o Play Off está decidida e serán eses tres equipos quen representen ao Norleste en Compostela.
    Onde está todo aberto é na Clasificación Individual. O Título de Conferencia irá para algún palanador de Billallardeiros Musicais de Ribadeo ou para algún de Carabullo da Ponte de Outeiro. Está é a única certeza, xa que o nome dese xogador non se saberá ata a última xornada. O que si se decidirá en Pol é quen dos catro candidatos, Daniel, Rubén Fdez e Manu Pozo de Billardeiros e Charli de Carabullo se quedará sen posibilidades de ser campión. As ordes de equipo poden beneficiar máis ao de Ponte de Outeiro, xa que os tres xogadores de Ribadeo van ter que mirar por si mesmo, mentres que os outros tres compañeiros de equipo de Charli, practicamente teñen feito o de clasificarse para o Play Off e poden botarlle unha man se o sorteo os sitúa nun grupo decisivo. Daquela, quen terá mellor dixestión na herba de Mosteiro? Saberémolo o sábado a iso das 19 h. 
    
    A verdade é que hai moitos xogadores que están na lea para entrar en prazas de Play Off. Considerando que a herba provoca actuacións desiguais en palanadores e palanadoras todo é posible. Esta xornada será un reto para o Bicampión Nacional, Markytos, que faltou 3 xornadas e está fóra das prazas. Noé faltou a dúas e tamén está fóra. Cortón, Alvariño, Sachas, Jorge Galdo, Luís Ares e Hervy teñen potencial para meterse e de momento non o conseguiron. En definitiva, unha xornada para non perderse.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome