CONFERENCIA NORLESTE 1ª xornada

0
139
        Ademais de ser o comezo da Temporada 2018-2019, este domingo 16 de setembro de 2018 será lembrado polas xeracións vindeiras coma o día no que se inaugurou o primeiro campo de Billarda da Era Moderna na provincia de Lugo. Despois, do escuro último cuarto de século XX no que a práctica da billarda quedou recluída e case eliminada do territorio galego, e con ela os campos onde se xogaba á billarda, a LNB recupera espazos que foron noutro tempo lugares de ocio e diversión lúdica para galegas e galegos de ben. 
       Temos as palabras dun dos representantes do Equipo de Billarda de Castroverde, Iván Alonso,  un dos xogador que representou á LNB no Torneo Internacional Pandolo 2017 en Slovenia. 
       “Billarda Verde é unha organización asemblearia e marxista nacida no seo do Centro Social A Chave das Noces que traballa a prol da independencia nacional do pobo galego a base de billardazos e varais. O primeiro Campo de Billarda da provincia, e segundo do país, leva o nome Enriqueta Otero, muller revolucionaira e mestra insigne de Castro Verde, pioneira na loita por un ensino libre, laico e universal. Comunista e feminista, defendeu a República polo que foi torturada en múltiples ocasións mentres estaba encadeada. Retiráronlle a praza de mestra. Se queremos fomentar a billarda entre a xente moza, precisamos infraestruturas públicas. Dentro do recinto do campo de fútbol había un terreo infrautilizado que rehabilitamos dándolle un novo uso, aproveitando os recursos e equipamentos existentes no campo da Veiga do Olmo.”

Iván Alonso presentando á LNB no Torneo Internacional Pandolo no Mediterráneo 2017


       Para rematar, Iván coméntanos como prepararon a nova temporada. “O equipo encara a nova tempada coa vista posta no derbi contra Polka e a intención de mellorar os resultados do ano pasado nun contexto de fichaxes mediáticas millonarias de outros equipos. A nosa é unha aposta pola canteira como reflicte a acta da derradeira cea-asemblea, cunha folla de ruta na que se aposta por castroverdenses ou persoeiros de aldeas limítrofes, coma pode ser Lugo, sempre e cando recoñezan os principios do equipo, coma no caso do noso ben querido camarada Xan”.

       Deste xeito, coa axuda do Centro Social de Castroverde, A Chave das Noces, o equipo Billarda Verde e a LNB será unha realidade o Campo de Billarda  “Enriqueta Otero(neste enlace encontraredes información sobre a última guerrilleira galega, a Pasionaria do pobo galego, unha mestra e muller excepcional.) Castroverde será o epicentro da billarda na provincia de Lugo, como o é Poio na de Pontevedra, como únicos dous campos de billarda do país. Esperemos que A Coruña tamén o consiga. 
Billarda Sempre!

        Enriqueta Otero Blanco (Castroverde, Lugo 26 de febreiro 1910- Lugo 31 de outubro 1989)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome