COMPETICIÓN DA FIN DE SEMANA

0
154

       Xa está aquí a última xornada deste ano na Conferencia Mai. Será o vindeiro sábado 16 de decembro, en Ribadeo. Os equipos da Chaira están soprando para mandar lonxe as nubes que estes días teñen parada sobre a Mariña, pois contan con que se marchan estas, tamén se marchará a borrasca. Por que este empeño en que non chova o sábado?  O campo da Faxarda foi territorio Carabullo a temporada pasada e pensan que as súas billardas corren máis sobre a herba e baixo o ceo. Veremos se son quen de dar o Sorpaso definitivo que sería superar ao equipo máis laureado da Conferencia e de toda a LNB, Billardeiros Musicais.  A historia deste equipo non ten comparación. 
Campión Nacional 
2008
2015
2016

Campión de Conferencia 
2008
2012
2013
2014
2015
2016
2017



       Rematando o ano 2017 podemos afirmar que os datos de participación son magníficos, así como o número de xornadas que a LNB leva organizado desde o seu nacemento (2005 cando só había a Conferencia Norleste). Está preto de celebrarse a xornada 500 da LNB. Para valorar este dato diremos que cando algún xogador, en calquera modalidade deportiva, cumpre 500 partidos xogados é sinal dunha longa traxectoria. e por esta razón é recoñecido socialmente.  Nós debemos recoñecer o mérito de tanta xente que cada fin de semana supera as dificultades organizativas e demostra que outro deporte é posible. 
       Outra marca que está próxima a superarse é a de VARADOS. Faltan 100 para chegar aos 3000 varados. O varado 1000 foi conseguido na Conferencia Centro por Xan Rodiño, o varado 2000 foi  feito na Conferencia Rías Baixas por Che. Quen entrará na historia da LNB conseguindo o varado 3000? Verémolo este inverno? 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome