BILLARDA de San Xoán

0
207
      Comeza a pretemporada na LNB Rías Baixas. Despois de case un mes de análise e dixestión dos resultados da FinaLNB 2019, as xogadores e xogadores de billarda do sur do país, deciden iniciar o camiño de regreso cara á terra prometida da FinaLNB 2020 coa saudable intención de recuperar os territorios ocupados polas tribos do norte. 
    Que mellor lugar que o Estadio Nacional de Billarda de Poio e que mellor época que a do equinocio de verán, para xuntarse a curar feridas, conxurar a crise de resultados e queimar os demos e malos espíritos.

         O mercado de fichaxes está bastante parado, polo momento. Haberá que esperar a que sucedan os TAB de verán para ver que xogadoras e xogadores cambiarán de aires e de salarios. O que si se filtrou, durante o TAB Raio de Sol, foi o posible distanciamento entre Chaínzos Cadaval e Carabullo, pois os dous equipos da chaira pretenden incorporar ao mesmo xogador, Javier. O caso ten esta substancia, Javier xogou a temporada pasada unha soa xornada, a de Ponte de Outeiro (12 xornada), e parece ser que o fixo baixo o abeiro de CHA. Entón, este equipo pretende activar a opción de pórroga do seu compromiso. Por outra beira, o equipo CAR afirma que Javier xogou como xogador libre e que, polo tanto, pode ser fichado por calquera equipo. Os dous argumentos parecen moi sólidos, daquela, en tanto o comité de ética da LNB non abra expediente informativo, o asunto continuará a ser tratado en calorosos debates de taberna e furancho.






Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome